Xuño 2017

01-7-2017

saudades do mar exeo

 


kaïmos  do mar exeo
aldeas portos e illas
este lauto cos seus cantos
salgadas notas e rimas
das cícladas até creta
entre atenas i esmirna

saudade do mar exeo
dos violinos e das gaidas
baixo os guindastres no patio
ao que roubaron as augas
contrabandos i exilios
mariñeiros e piratas

vellas fotos de boisonas
os veleiros e as tocadas
a historia e a paisaxe
e rica grega empanada

dixo cris que viaxaremos
por descoñecidas augas
so faltou o viño heleno
grande nikos na trovada


foto carlosdeteis

rimas pipasdecoia


30-6-2017

bugambilia e loureiro



a bugambilia e o loureiro
lévanse mui ben
pero sobre todo ela
aprovéitase del

en coia

28-6-2017

javierin de redondela

 


que serio está javierín
dos títeres un persoaxe
fáltalle o gorro nesta foto
se cadra merece unhas rimas
dos maios ou do entroido

javierín de redondela
normalmente non é tan serio
co seu sorriso de pasta-de-dentes
como un persoaxe dos títeres
os seus ollos saltóns os mofletes …

populista javierín de redondela
o choco a coca o millo e vinho verde
javierín e huevón chamábanlle a javier
os seus compañeiros de colexio!
serían malos ou o malo era e é el ?

javierín bas de redondela
co mesmo carné este bas
que barberá bárcenas e baltar
e un dia púxose detrás da faixa

rexeitando a violencia

contra a muller
e logo o javierín

non fixo case nada

o cronista


27-6-2017

moguer doñana



entre moguer e doñana
o lume dos humanos
arrasa as terras
e o bosque mediterráneo
dos escasos lince ibéric

e a aguia imperial

que diría o poeta juan ramón!
que ollos poría o burriño platero!


e o lume chegóu ao centro
de cría  do lince en acebuche
e nun traslado unha femia
morréu polo estrés sofrido

a femia lince tiña
un estraño nome yanki
pero eu chamareille platera

manolo pipas


26-6-2017

porto antigo pedro barroso



neste porto manso, eterno. onde descanso
porque me fica aqui o peito e o sentido
com aquela água imensa navegando
este rio, ao passar, fala comigo;
e parece murmurar-me quente e brando
como o mundo é mais sereno en Porto antigo

o velho Douro é como um hino à natureza
escorrendo entre os dedos da montanha
ao sol que faz vibrar e pressentir
mostrando a história em socalcos vinhateiros
nos solares de baronetes e herdeiros
com brasôes verdadeiros ou a fingir

dos barcos que se cruzam indo e vindo
alguem levanta a mâo saudando ao longe
como un monge pagâo fugido à norma
o própio rio me esmaga e me transforma
o casario dá impressâo que vai cair
e eu sei que vou chocar quando partir

sei que o tempo ali parou naquele cais
e nâo quero saber de mais informaçâo
que a que traz como majestade o Douro amigo
eu quero ficar ali para sempre, ali contigo
olhos nas margens do sentir , a mâo na mâo
como o mundo é mais sereno em Porto antigo

pedro barroso
letra do seu disco
navegador do futuro


24-6-2017

fogueira brasas ... cinzas



as noites máis curtas do ano…
dos refugallos nace a fogueira
a música o lume os rituais
as brasas as cinzas…

camiñando o barrio
descobro que houbo festa
con moitos restos dela botando

por fora de todas as papeleiras
e en moitos rincóns do parque
pláticos latas restos de comida
papeis botellas vasos rotos...
de vidas que non saben beber

na imaxe os restos do lume do barrio
e á beira das cinzas as pegadas dos cans
e apuntes de relixión e de dereito
e das leis que non puderon arder

da fogueira á que fun
se cadra non quedaron nen as cinzas

o cronista


23-6-2017

solsticio lumes fogueiras

 

 

logo do solsticio de verán
que tristes sinto as cacharelas
mentres no centro do irmán portugal
arrasóu o lume a floresta e as aldeas

e todo todo o que arde
fora ou dentro da fogueira
ten vida ou tivo vida antes

manolo pipas

21-6-2017

árbores e solsticio



no parque acosado polos edificios

o grande sauce chorón morréu
pero outra árbore ou arbusto
colléu vida sobre el

bo solsticio de verán

na bouza



20-6-2017

detidxs e desorde publico



escarnio maldizer somos todas
e multiplicóuse a represión
e foron detidas nove persoas
entre coruña compostela e ourense
e multiplícase a resistencia
e a solidariedade

nove persoas detidas
acusadas de delito a orde pública
cando o público esta desordeado
abandoado roubado  vendido ...
e moito do privado saiu da explotacion

e das axudas derrochadas polo público
e por iso se o abandonan
ben merece ser okupado

 

e moitos pacificos manifestantes

son ameazados con duras multas


liberdade e absolución dxs detidxs!

dez! cen! mil! centros sociais!

o cronista

19-6-2017

arde portugal

 


do 17 ao 19 de xunho
corente varios grados e vento
e o centro de portugal arde

bajo un sol de justicia
escoito na radio deste mal vecinho estado 
pero o sol non é xusto ! ai se el fose xusto !
e o sol non é o culpavel nen complice
do despoboamento e abandono do campo
nen son culpaveis os camponeses da sequía
nen que se planten arcolitos e outras
árbores alleas que arden ben

esta extrema calor non é culpavel
de que os bombeiros sexan voluntarios
de que o estado non forme profesionais
nen ponha outros medios necesarios
o sol e o raio non son culpaveis
do certo cambio climático
nen desas ducias de mortos


castanheira de pera figueiro

dos vinhos pedrógào grande ...

que golpeen na pouca conciencia

dos responsaveis actuais e pasados

da desfeita do campo e monte

e das aldeas portuguesas


o cronista



17-6-2017

longa rica vida compa curto



a esquerda da pequena mesa
na primeira imaxe da presentacion
o compa curto está na sombra
un paradoxo de moitos anos da sua vida
coma tantas veces no pasado de resistencia
de comisarías clandestinidade prisions...
traballando e sofrindo pola matria

na segunda imaxe antom
árias curto está na luz da mesa
coma cando se ofrece no mostrador
dos centros sociais da revolta e o faísca
co seu grupo de teatro e nas palestras

nas marchas e nos roteiros da resistencia 

nas longas andainas curto

entre unha e outra imaxe pasou
golpeou emocionou … o documental
de augusto fontam coa sua biografia
toda umha vida ao serviço da galiza
na libraria centrosocial andel

longa rica vida compa curto

manolo pipas


15-6-2017

observando

 


desde o observatorio de paxaros
e outras aves sobre a bouza
ollando na abertura secundaria
estrañas son as formas
que se poden observar