Novembro 2018

14-11-2018

vibra xulio formoso

 


            a farruco sesto

xulio formoso cantor
cantor e pintor formoso
desde as rías ao orinoco
navegando a túa paixón

solidario é o teu mundo
de castelao a bolivar
as túas artes que vibran
con celso emilio e farruco

un fogonazo un infarto
farto estabas da inxustiza
ai venezuela e galiza
solidario é o teu barco

na imaxe farruco sesto
e xulio formoso longo  
camiño poesía e canción  

manolo pipas

 

12-11-2018

mazans de novembro

 


outono a maceira
estas mazáns de novembro
segunda colleita
pequenas van tres ou catro
elas xuntas medran

 

 

 

10-11-2018

dionisia praza de maio

 

 


              si no existe la memoria
              todo lo nuestro es suicida

fotos de cartaces e pintadas
homenaxe a dionisia lópez amado
aquela nai de praza de maio
dos xoves fronte a casa rosada

dionisia cedeira buenos aires
memoria do fillo e da nora
coas outras nais e avoas
pola xustiza e a dignidade

dictadura e desaparecidos
os nomes deles no pano branco
e a reparación non da chegado
tampouco aos roubados fillos


memoria nai dionisia

por antonio e stella xustiza 

exposición na sala quadro
fermin penzol 10 vicus
polos amigos de dionisia
e seguirán conferencias
e outras memorias

fotos manolo barreiro
versos manolo pipas


09-11-2018

afectos pra lucia


arcade montesiña
alxán moreira aranza
comboa val romariz
pedreira soutomaior

os nomes coas suas raices 

fermoso camiño imaxino
coma un pasacorredoiras
por esas aldeas da tribo
aínda que onte foi moi triste
sentin moito non poder estar

a lucía na morte do seu pai




08-11-2018

caruncho en tension


deulle unha grande tensión
ao caruncho por coruxo
este mestre algo de bruxo
ten exceso de paixón,
auga ten so seu pulmón
agardemos polas probas
aparcada queda a trova
nestes dias de repouso,
a musica co retrouxo
voltará con forza nova


a meu irman luis 



07-11-2018

nubes



a nube coa sua
cambiante figura
agarda pola lua

a nube cambiante
rodeada envolta
polo aire



04-11-2018

pequeno magosto

 


pardais pombas e lavandeiras
no parque restos do magosto
a chuvia o seu arrecendo leva
castañas asadas o encontro
e algunhas voltan a terra...

03-11-2018

noces e aves

 


pegas e cotorras
nas nogueiras
comen e xogan
coas noces

que coman
que xoguen




01-11-2018

sementes de outono



perto das bugambilias
aloumiñadas polo vento
nas terras da familia
estas sementes de outono
baixo as nubes e o frío
do samain e os mortos

en figueirido