Febreiro 2019

22-2-2019

republicano machado

 


oitenta anos machado
olmo antonio en retirada
miles de republicanos

antonio nai e familia  
fuxida tamén procura
da ultima luz fuxidía
 
as soledades os campos
os proverbios os cantares
nunca tan acompañado

en collioure xa descansan
no veciño pais vai ficar
a súa derradeira palabra

estos días azules
y este sol de la infancia...



21-2-2019

rosalia en castelan



a obra en castelán de rosalía 
parece que é pouco lida
polos nacionalistas
é pouco valorada

uns dirán mágoa
que en las orillas del sar
non o escribira en galego
outras dirán que valor
que escribira cantares e follas
na nosa lingua daquela chamada
dialecto sen saber do rico
pasado medieval dela

agás a lingua o que está escrito
no libro en las orillas del sar
é tan galego coma follas e cantares 

manolo pipas

20-2-2019

xa non mana a fonte

 

 

Ya no mana la fuente


Ya no mana la fuente, se agotó el manantial
ya el viajero allí nunca va su sed va apagar.
Ya no brota la hierba , ni florece el narciso
ni en los aires esparcen su fragancia los lirios.
Sólo el cauce arenoso de la seca corriente
le recuerda al sediento el horror de la muerte.
!Más no importa! a lo lejos otro arroyo murmura
donde humildes violetas el espacio perfuman.
Y de un sauce el ramaje, al mirarse en las ondas
tiende en torno del agua su fresquísima sombra.
El sediento viajero que el camino atraviesa
humedece los labios en la ninfa serena
del arroyo que el  árbol con sus ramas sombrea
y dichoso se olvida de la fuente ya seca.


en las orillas del sar
rosalía de castro


18-2-2019

as xanelas do monte

 


o lavadeiro da fonte do ouro
ten unha xanela cara ao monte
na que ollamos a desfeita
do abandono o arcolito o lume…
pero miles de pequenos invasores
foron arrincados onte a mañán
polo colectivo changrande e amigos
e foron sementadas uns centos
de castañas xa xermoladas  

a esquerda desta imaxe
entre os grandotes loureiros
está o abandonado muiño
sen teito sen auga …
pero coas rexas paredes
de granito da canteira próxima
gardan o rumor das muiñadas
e a rapazada hai pouco
aínda xogaba nel

tamén a boca do cubo do muiño
é como unha húmida xanela
ao pasado de freixo...

manolo pipas

 

 

 



16-2-2019

o burro da xoaniña

 

 

O burro burriño


E como , e como e que o burriño fai ?
Ioo ioo ioo 

O burro burriño ten as orellas
tan longas que chegan ate as orellas
E como e como ...

O burro burriño come silveiras
que no camiño hai pola beira
E como e como …

Ao burro burriño  pícanlle as moscas
e dálles co rabo para que non volvan  
E como e como …

Ao burro burriño gústalle moito
darlle na terra voltas ao corpo
E como e como …

O burro burriño vai polo prado
cantando cantigas de namorado
E como e como …

cé orquestra pantasma

texto do cesar freiría cé
sobre conto de judit santos

con debuxos de cristina ouro
do libro disco  a voar
co colectivo miudinho
foto deste xoves no camiño
vello a moó  matamá


16-2-2019

a voar a cantar...

 


a carón dunha arboriña
o freixeiro conta e canta
as historias da xoaniña
para un feixe de crianças

a razón da sua viaxe
tédela no libro disco
a xoaniña viaxeira
vai facendo bos amigos

o burriño é farruco
caralampio o canciño
coa meniña rosalía
e o cativo martiño

...

ce orquesta pantasma
coa rapazada a cantar
e danzan coa xoaniña
en libros para soñar
co libro disco a voar
do cesar freiría  cantos

judit santos conto

e cristina ouro

nos debuxos


manolo pipas 

 

 

 

15-2-2019

in go ber na bles

 


ingobernable catalunya
e ingobernable eeespanya
e non xa falemos da des-unión
europea co brexit e outros contos

rompéndose a cachos o reino
e o segundo rei das espanyas
marchara co seu amigo
o rei-dictador de marrocos
a tomar unhas copas
ou era té verde

entón as elecións do estado eeespanyol
son o 28 de abril case un mes antes
das municipais europeas e autonómicas
das outras autonomias que é o 26 de maio

e que pasa coa ingobernable galiza
e co seu presidente desaparecido 
que se alióu coa extrema-dereita?
que ponha as eleccións galegas
o 23 de xunho por exemplo
para rizar o rizo

e mui boa manyán 
o cronista

14-2-2019

o xuizo e o teatro



o tribunal supremo de espanya
ten a escenografía do vello teatro
os decorados os traxes os diálogos

dos seus actores as luces as sombras...
e cando temos unha sesión do tribunal 
parece que e a representación
dunha comedia drama ou traxedia
pero neste caso do xuizo ao procés 
temos as tres na mesma obra
culebrón surrealista pra varios meses
e mira ti que o tribunal ocupóu
o espacio do palacio e convento
das salesas reales dos borbóns
mira ti mira ti a monarquía
a igrexa … a inquisición
coitadas voces do procés

o cronista



12-2-2019

xuizo a catalunya



un conflicto político
non se resolve coas armas
nen con represión e xulgados
resólvese falando mediando …

a desobediencia civil
e o dereito a votar
non se pode penalizar
con xuizos políticos
con audiencias nacionais
e supremos tribunais

tribunal supremo
suprema hipocresía
do estado espanyol
supremo colonialismo
suprema inxustiza

fotos do 1 de outubro
e de hoxe mesmo



10-2-2019

solidarias con cuba

 


tornado rabo de nube
enredado vento e auga
que cunha inmensa forza
ti golpeache la habana
seis mortos e varios miles
de persoas damnificadas
de regla a diez de octubre
cantos quedaron sen casa

cartos e apoios mandaron
desde florida e caracas
queremos xuntar axuda
nestas terras rosalianas
as xentes de luyanó
son das máis necesitadas
e por elas este evento
xuntanza comunitaria
alimentos suministros
saen da conta solidaria
e tamén nós lles mandamos
agarimos na distancia

recitado no evento
de afrocubania unidos
por cuba no hotel
aragüaney compostela

manolo pipas

10-2-2019

golpeada sanidade

 


debaixo das saudables árbores
a consigna a protesta a necesidade

cando a atención
primaria non é digna
xa imaxinamos
como pode acabar o conto

privatización precariedade
falta de persoal e medios
contratos trampa …
escoitamos e lemos
na manifestacion de compostela
os recortes coas irregularidades
seguen traendo mortes

a sanidade non se vende
pero ela xa é un negocio
e dos mais noxentos
e xa hai que esixir
que o vendido sexa
devolto ao público


seica en madrid
se manifestaron outros
mui pouco saudables
pero que se esqueceron de levar
con eles a momia de franco
eles precisan unhas boas vacinas

o cronista

06-2-2019

paporroibo



obsérvanos
o confiado paporroibo
este pequeno gardián
do encoro

en zamáns