Abril 2019

16-4-2019

do corazon de europa


a agulla de notre-dame
cravóuse no corazón de europa!
escoitamos lemos nos medios!
europa ten corazón !?
esa europa que naceu no mediterraneo
tamén cómplice hoxe de enchelo de morte!

e no lume de notre-dame non morréu ninguén!


notre-dame símbolo de que ?
da cruz-espada do imperio da inxustiza...
notre-dame como os outros macrotemplos
erguéronse con moita miseria e fame
e con máis fanatismo que fe
e deixarán morrer a máis franceses
para pagar a súa reconstrucción


o que está cravado no insensible

corazón de europa é a inxustiza

a inmigración o neo-fascismo...

incrédulas baixan as augas do sena!

coitados quasimodos e esmeraldas!

e que novela escribiría

hoxe victor hugo!?

o cronista



14-4-2019

cidadans votantes ...


seica todos somos cidadans
índa que algúns sexades do campo
e como cidadáns somos votantes
pero no fondo e no día a día
somos tristes consumidores
do lixo e mentiras dos medios
e consumidoras de pouquiños
votos ou paleletas e urnas
menuda papeleta a nosa !
pero sendo monarquía somos
uns miserables súbditos
e logo da dictadura fascista
non nos deixaron escoller
entre monarquía e república

un consumidor


06-4-2019

cançó nova lluis llach

 


de verges a barcelona
do ampurdá ao mar exeo
a cançó é sempre nova

a nube branca e as tatas
bandolers lauras sisets
ítaca gasteiz cantatas


papasseit marti i pol

grandes poetas catalás

eses mestres da cançó

o teu amigo o mar
velliño mediterráneo
todo ese mundo a cantar

manolo pipas


05-4-2019

companys, no ès aixó

 


No era això, companys, no ès això
pel que varen morir tantes flors,
pel que vàrem plorar tants anhels.
Potser cal ser valents altre cop
i dir no, amics meus, no és això.

No és això, companys, no és això,
ni paraules de pau amb garrots,
ni el comerç que es fa amb els nostres drets,
drets que són, que no fan ni desfan
nous barrots sota forma de lleis.

No és això, companys, no és això;
ens diran que ara cal esperar.
I esperem, ben segur que esperem.
És l'espera dels que no ens aturarem
fins que no calgui dir: no és això.



Compañeiros, non é esto


Non é esto compañeiros, non é esto

polo que morreron tantas flores,

polo que choramos tantas arelas.

Cicais compre ser valentes outra vez

e decir non, amigos meus, non é esto.


Non é esto, compañeiros non é esto

nin verbas de paz con reixas

nin o estraperlo que fai cos nosos dereitos

que son dereitos que non fan nin desfan

novas reixas vestidas de leis .


Non  é esto, compañeiros non é esto

dirannos que compre agardar

i esperamos abofé que esperamos.

É  a espera dos que non nos pararemos

deica non sexa preciso decir , non é esto.

letra do vinilo

meu amic el mar  1978

en galego na mesma carpeta


luis llach



02-4-2019

1 de abril do 1939

 


oitenta anos e un dia
do 1 de abril de 1939
da derrota das perdas...

outra vez o terror! pimentel
no pasarán! non pasarań!
e pasaron e pasaron pasionaria
e seguiron arrasando o país!
ventos de vida miguel
contra os ventos da destrucción
guerra represión xenocidio...

pero máis que gañar franco
foi que perdéu a república
e aínda hoxe son legais
os espacios e formas franquistas
e os partidos neofascistas
e temos ducias de presos políticos

e non son buscadores de ósos
coas palas e as palabras
somos buscadores
da memoria dxs asasinadxs
da historia e da xustiza

imaxe arturo souto