Febreiro 2020

26-2-2020

vertedeiros


de bens a zaldibar
vertedeiros estercoleiros
todo o planeta industrial
é un grande basureiro

en zaldibar dous mortos
en bens un morto no 1996
que nunca apareceu

 

 

23-2-2020

zeca afonso abril

 


abril josé afonso amigo
dos comboios descendentes
das rebeldes madrugadas
e da vida consecuente

josé afonso trovador
das madrugadas de abril
do traballo en colectivo
cos de abaixo resistir

     abril zeca afonso alento
     das madrugadas de maio
     aquelas flores de abril
     sementes pra novos cravos

abril zeca afonso verso
minhoto e alentejano
cos lusofonos irmáns
van rumos e novos cantos

zeca afonso compañeiro
das madrugadas rebeldes
flores de abril maio xuño...
vintecinco de abril sempre

     abril zeca afonso alento
     das madrugadas de maio
     aquelas flores de abril
     sementes pra novos cravos

no cabodano da sua morte
cantarémoslle hoxe no uf
e seguirá trova e poesía

manolo pipas



23-2-2020

oliveira e humanos



- centenaria oliveira

que sabes tanto da vida

cóntame algo compañeira
que ollas desde aí arriba?


- ollo eses tolos humanos
preocupados polo clima
e por un tunel sen sentido
defendendo a súa vila

as árbores e as pedras

e o futuro das cativas!


onte no paseo!

 

 



22-2-2020

exilio e morte poeta


ficou perto da fronteira
e moi poucos foron
os seus días de exilio
que logo chegóu a morte
un vintedous de febreiro
moito foi o sofrimento
poeta antonio machado



20-2-2020

antonio machado



sentado na sua mesa
co seu sombreiro alado
mira antonio machado
o mundo que son poemas

so atopei unha foto do poeta
e pensador con sombreiro
pero é das mais coñecidas



18-2-2020

soedade machado


Tengo a mis amigos
en mi soledad,
cuando estoy con ellos,
qué lejos están

antonio machado
escrito hai cen anos

 

16-2-2020

fraxil antartida


polo sur antártida
terra de auga xeada
case máxica

e estes días a antártida
subiu a vinte tráxicos grados
derrítese entrando na era tráxica

 

 

15-2-2020

solidarios elefantes

 


elefantes de papel
vai pola segunda entrega
presentado neste marco
que antes fora unha cadea
vida e solidariedade
seguen sendo a súa bandeira

novo libro de relatos
elefanta feminista
e migrante e desprazada
co pirata e a salinas
que libro e presentacións
teñan solidaria vida

envolventes


09-2-2020

graciñas metropol

 


                 na memoria do toti

metropol ai metropol
barra salón e cociña
as cuncas quentes e frías
seica baixas o teu telón!

metropol ai metropoldo
porque pechas bar amigo?
rematóu o teu camiño
graciñas dámosche todos!


trinta anos nun suspiro

metropol ai metropol

que sigan as emocións

xa nos vemos no eligio!


manolo pipas



04-2-2020

bosque bolboretas e homes 2


desde as árbores máis altas
até as ninfas máis pequenas
a floresta e a terra michoacana
choran aos seus homes bolboretas

 



03-2-2020

bosque bolboretas e homes


dous defensores
da bolboreta migrante
da monarca e os seus bosques
foron asasinados en michoacán

defensores da natureza
voceiros comunitarios
periodistas e científicos
son asasinados nese estado
fallido que chaman méxico

os indíxenas os homes
da terra non poden voar
nen as bolboretas falar
nen as árbores berrar
pero a terra nos xulgará