Septembro 2020

22-9-2020

magnolio equinocio

 

 

traio a esta xanela

máis raices do magnolio
o tributo ás nosas árbores
sempre será mui pouco
e a pesares de trumpayuso
hoxe tivemos novo equinocio
o sol a lúa venus os astros
dan enerxía para todos

 

 

20-9-2020

sesgado auditorio


imos a unha actuación
e o auditorio do centro cultural
agarda por un pouco de público
máis de dous tercios dos asentos
téñenos precintados por fitas
de plástico branco e bermello 
como os das pequenas obras

improvisada esta grande obra
a loita contra o corona-virus
con malos arquitectos
con mui bos operarios
pero con problemas de materiais
e sen miras de data de entrega


houbo pouco público

e estiveron ben as actuacións

con comentarios sobre o covid

pero faltóu unha cantiga

sobre o corona-virus e nós


 



17-9-2020

alameda e poeta



homenaxe a rubén darío
debaixo dun gran magnolio
na praza de compostela

faltanos na pedra 
a placa conmemorativa

que revelan uns buracos
e na mesma alameda
esta decrépita cidade
non trata ao militar
igual que ao poeta

hoxe non teremos recital

 

 



16-9-2020

árbore e banco



é moi alta a árbore
e longo é o banco de pedra
a árbore sempre chea de vida
pero hoxe o banco está baleiro
e séntome nel a escribirlles

praza de compostela

 



14-9-2020

cente-mario benedetti


cente-mario benedetti
sexteta e décima

cen anos de benedetti
o grande mestre charrúa
poemas contos e novelas
esa voz clara e segura
o mario lido e cantado
oriental a súa lúa

poética antoloxía
eu leo do mestre mario
poeta dos inventarios
cronista das utopías
orientales travesías
fronteiras e horizontes
tivo que botarse ao monte
por fusil levóu a pluma
con el escribo na bruma
e canto coa lúa na noite

manolo pipas

13-9-2020

de guerras e xenocidios


este último século
da historia da humanidade
seguiuse escribindo
con explotación e opresión
co sangue da espada e da cruz
e do fusil da media lúa
e das bombas da estrela de david
e outras desfeitas dos deuses
da guerra e do capital

o útimo século escríbese
con sublevacións e invasións
paseados e desaparecidas
bombardeos e violacións...
e con pésimos acordos de paz
que provocan máis guerras
e xenoci-dios

 

 

11-9-2020

raices do magnolio



teño moita debilidade
polas visibles raices do magnolio
e por toda a árbore pois
das raices até as follas e os froitos

alameda de compostela



09-9-2020

siria melilla

 

non saimos da guerra
para vivir nunha prisión
di un inmigrante preso
no ceti de melilla que fuxiu
de siria no 2015

hoxe ardéu
o campo de refuxiados
de moria en lesvos


como se fora melilla


07-9-2020

maxico mencer



cada mencer é máxico
a pesares deles e con eles
os arcolitos fora de lugar

a pesares de nós

 

 

 

 

06-9-2020

50 anos de allende


a unidade popular
da verdadeira esquerda
con salvador allende
hai cincoenta anos
venceu en chile
e foi transformando
o explotado e longo país

a revolución democrática
con neruda e víctor jara
tres anos despois
foi tumbada polo exercito
a dereita e os yankis

os herdeiros de pinochet
en chile gobernan agora
coa súa represión

hai cincoenta anos en chile
fora unha das poucas veces
que as urnas serviran ao pobo



03-9-2020

xustiza meirás


o pazo de meirás
ten que ser devolto
pola familia do dictador
di a sentencia do xulgado

a casa cornide
e as estatuas do pórtico
seguen agardando
por un pouco de xustiza

que non é practicada

por todos os xuices


a fascista cruz dos caidos
do monte do castro
non debistes levala ao tribunal
perdestes os cartos e o tempo
debimos tirala abaixo
entre todos cunhas cordas

o pazo de meirás
será dificil desinfectalo

que mesmo tivo ao borbón

entre os seus muros

presidindo un consello

de ministros da dictadura




02-9-2020

ser e navia


en navia de suarna
o río ser vai entregando
as súas augas ao río navia

o ser e a deusa da auga


a oliver laxe que voltóu
para terra da avoa