Novembro 2020

25-11-2020

canción sin miedo


Que tiemble el Estado, los cielos, las calles
Que tiemblen los jueces y los judiciales
Hoy a las mujeres nos quitan la calma
Nos sembraron miedo, nos crecieron alas

A cada minuto, de cada semana
Nos roban amigas, nos matan hermanas
Destrozan sus cuerpos, los desaparecen
No olvide sus nombres, por favor, señor presidente

Por todas las compas marchando en Reforma
Por todas las morras peleando en Sonora
Por las comandantas luchando por Chiapas
Por todas las madres buscando en Tijuana

Cantamos sin miedo, pedimos justicia
Gritamos por cada desaparecida
Que resuene fuerte: ¡Nos queremos vivas!
¡Que caiga con fuerza el feminicida!

Yo todo lo incendio, yo todo lo rompo
Si un día algún fulano te apaga los ojos
Ya nada me calla, ya todo me sobra
Si tocan a una, respondemos todas

Soy Claudia, soy Esther y soy Teresa
Soy Ingrid, soy Fabiola y soy Valeria
Soy la niña que subiste por la fuerza
Soy la madre que ahora llora por sus muertas
Y soy esta que te hará pagar las cuentas

Justicia! ¡Justicia! ¡Justicia!

Por todas las compas marchando ...

Cantamos sin miedo, pedimos justicia...

Y retiemblen sus centros la tierra
Al sonoro rugir del amor
Y retiemblen sus centros la tierra
Al sonoro rugir del amor
Y retiemblen sus centros la tierra
Al sonoro rugir del amor

vivir quintana

cantiga estreada no zócalo
de cidade de mexico por mon laferte
vivir quintana e o coro el palomar
o pasado 8 de marzo

 

 

24-11-2020

estampa



parece que vai chover
e logo cairon
unhas poucas pingueiras
e un vento frío

 

 

 

22-11-2020

querida lúcida nuria


  a nuriña e begoña cris lira
  mamer larri xan alex uli
  e toda a factoría

querida lúcida nuria
outro ano seica vai
día a día noite a noite
seguimos a camiñar
e as túas compas xa ves
como a foron a liar

un video de afectos

teatriños e recital...


desta volta que che conto
non hai cea nen xantar
agardemos que ese virus
nos deixe outro día xuntar
que vaian ben eses rizos
tan rebeldes como o mar 
os bicos mais as apertas
terán que ser virtuais

 

o das pipas 

22-11-2020

falsos nomes


porto alegre brasil
un dos portos e cidades
das máis tristes do mundo
e se cadra xa o era antes
do brutal asasinato do negro joâo

as illas canarias
que non europa en áfrica
non son as illas afortunadas
pero teñen máis fortuna
que as veciñas costas africanas

a estatua da liberdade
está nun dos estados
menos libres do globo
que é o país que máis
agrede a liberdade dos outros

 

21-11-2020

como pedrafitas



como se fosen pedrafitas
alguns cachotes dos muros
memoria doutros tempos e vidas

na ghaspara 

20-11-2020

vinte ene confuso


vinte ene cos franco
pasando os últimos días
nas torres pazo de meirás

vinte ene sen o asasino
presidindo o arco de triunfo
en forma de cruz do valle 
por segundo ano consecutivo
en corente pico anos
da chamada democracia

e morren por sacar os tanques

e vinte ene co herdeiro
do dictador fugado
e nestes últimos anos
o virus do neo-franquismo
non paróu de medrar na rúa
e nas institucións


a fundación francisco franco

legal por la gracia de dios

fáltalle o f de fascista


vinte ene mui confuso




19-11-2020

ritual do café


algúns días á semana
e a diversas horas
tomar un café con leite
ler algún periodíco
e se cadra escribir
un poema ou crónika
nunha cafetería
era un ritual

 

 

18-11-2020

dúas cabuxas



camiño das ghasparas
dúas cabuxas saúdanme
case todas as tardes
que paso polas rumiantes

cando están fora a nai
está atada por se foxen
pero hoxe o saúdo é queixa
por estar as dúa presas

17-11-2020

vinteseis aneis




vinteseis aneis conto
no tronco do caido piñeiro
cando tiña uns dez metros
de altura sobre o chan do poulo
pero a parte baixa do tronco
sen cortar ficará entre os fentos


polos distintos aneis do tronco 

vemos que houbo neste tempo

uns anos mellores ca outros 

na ghaspara

17-11-2020

ferreiriños e merlo



dous alegres ferreiriños
de pola en pola do carballo
e un rápido merlo
voando baixo
chío a chío
por freixo


chan da ghaspara

 



16-11-2020

unha nova tenda


un cartaz na porta
dunha tenda anuncia
que abren outro espacio

noutro barrio desta cidade
hoxe  dezaseis de novembro
cos bares pechados é un bo día
para abrir unha nova tenda de alimentos

15-11-2020

modernas esculturas


a autoridade portuaria
de vigo do pp inauguróu
na estación marítima
unha escultura de homenaxe
aos soldados da guerra de cuba

concello e deputación do psoe
van inaugurar outra escultura
do sagrado corazón de jesús
no monte da guía

parece que xogan a quen
é máis patriota e máis moderno
o pp quedóu nas últimas colonias
e o psoe uns séculos atrás