13-2-2016

lembranza de santi feliu

 


medio vaso do teu ron

dame esa xusta medida

a túa vida perdida

aloucado trovador,

esta décima da dor

escoita as túas trovas

cada disco como proba

náusea e batalla amiga,

santi debuxo da vida

as noites sempre son novas

 

no segundo cabodano

de santiago feliú lembroo

escribindo con títulos

das súas cantigas e discos

 

manolo pipas