22-4-2011

ceramica e flores


ceramica do pobo mixe ayuuk das montañas

intercambiada por un libro de poemas
no tianguis-mercado de pochote-xochimilco
neste barrio da cidade de oaxaca

unhas poucas flores ventureiras
collidas nun campo algo abandonado
do meu barrio de figueirido
logo dunha semana de que floreceran

e no que habia moitas mais

esquecin o nome
da comunidade da ceramica
e descoñezo
como lle chaman a estas flores

dias despois
unha amiga me di
que son salvias