16-5-2026

27 bonecos titiriteiros

 


monicreques redondela
vai un boneco por ano
persoaxes do teatro
ou da vida destas terras
cachiporra e unha serea
vai o rodolfo e un rato

vintesete os bonecos
este ano unha moniña
hai tempo a carrapuchiña
un chinés e un picoleto
un cativo mariñeiro
o marciano o buzo e a pita

e temos máis animáis         
o cocodrilo e a pulga
unha vespa unha cabuxa
vai a gata e mailo can
e a caracola de mar
por que non tamén a bruxa

redondela en monicreques
hai que títeres choqueiros
non hai choco de boneco
o pastor que non se atreve
e por descifrar hai seres
que non acerta o dos versos

uns persoaxes co pau baten
cachiporra e o picoleto
danlle duro a outros bonecos
linguas e ollos que se saen
pero logo fan as paces
e tamén se dan un beixo

grande este festival

sae en bicho da cabaza
na regadeira o pirata
que nos podía regar
o espantallo vai falar
pero se atranca a palabra
redondela moitas grazas
por esta maxia a fartar

manolo pipas

16-5-2026

palestina nakba

 

 

terras de palestina ano
mil novecentos coreteoito
miles de familias palestinas
son expulsadas das súas terras
polos imperialistas israelitas
a nakba a catástrofe
e marchan foxen exilianse
con mui poucas pertenencias
e case todas as familias
levan as chaves das súas casas
soñando con poder voltar
a catástrofe a nakba

hai mais de cincocentos anos
os judios sefarditas foron
expulsados desta península
e tamén levaron as súas chaves
pero muitos dos seus descententes
non aprenderon nada da expulsión
como moitos sobrevivintes judios
non aprenderon do holocausto nazi

terras de palestina quince de maio
de mil novecentos corenteoito
a nakba a catástrofe
o desaloxo e destrucción
da vida de miles de familias
que levaron as súas chaves
soñando con poder voltar
a catástrofe  a nakba

voces de gaza hoxe e mañán

en redondela no festival de titeres
expoñense no antigo kiosco cocó
cinco grandotes monicreques feitos

con latas trapos e madeiras do lixo
que fuxiron do xenocidio sionista
pero o titiriteiro mahdi karera
non pode sair de gaza


o cronista


 

14-5-2026

unha chea de bonecos

 

 

títeres de redondela
vintesete o festival
nunha semaniña enteira
monicreques a fartar
unha persoaxe por ano
nos folletos e o cartaz

redondela mira pra ela
o cartaz é un espantallo
con vestido e na cabeza
a boneca deste ano
unha moniña que trae
os seus contos africanos

os monicreques de kukas
tes expostos na xunqueira
hai títeres pola gorra
nas rúas e na alameda
mercado titiriteiro
leva chapa e camiseta

títeres polas escolas
nas salas e mais nas prazas
pasarrúas e outra expo
tráenos voces de gaza
bonecos con compromiso
para adultos e rapazas

entre a porta e o auditorio
todo o chan está coberto
coa historia do festival
nunha chea de bonecos
que as cativas van pisando
novo xogo pros pequenos

entre bonecas e atrezos
na estampa titiriteira
gran detalle do pastor
coa foto dunha parella
o autor doutro espantallo
sorrí coa súa compañeira

unha chea de bonecos
nesta vila mariñeira
vintesete o festival
títeres de redondela

 

13-5-2026

letras en coia

 

      


   a angel de coia

día das letras en coia
nesta volta do gregorio
na praza do bar bouzas

abaixo o roubado mar
arriba esquecido castro
se as pedras quixeran falar

maio dezasete rosalía
canta memoria que é loita
por alí pasaba o tranvía

cruzaba coia outra liña
e paráronas cando eu nacín
baixo a nosa casa na florida 

escribín estas triadas
polas terras do xuncal
agora da miñoca praza

prazas camiños e barrios  
lugares campos e presas
lavadouros e canastros

versos cantos pandeiretas
coia a dezasete de maio
netas e netos das cantadeiras

triadas escritas e recitadas
nas letras do ano pasado

 

11-5-2026

bombas en gaza

 

bombas
din que pararon as bombas
do xenocidio sobre gaza
cos seus miles de asasinatos

bombas
din que pararon as bombas
parada non está a súa destrucción
e as persoas de gaza
non paran de buscar os desaparecides
entre as súas ruinas

bombas
din que pararon as bombas
pero hai bombas entre as ruinas
que aínda non estouparon

e dias despois voltaron as bombas 

outono 2025

e aínda hoxe 11 de xuño
non pararon as bombas


recitado por gaza en redondela

como nos ultimos meses foi

na revolta no sireno a nubeira

o uf negra sombra amorada ...




09-5-2026

adriano abril e zeca

 

 

historia de amor e luta
trovador da liberdade
adriano sempre
perigoso pacifista
um canto em forma de abril
libros sobre o adriano
correia de oliveira
a 44 anos da sua morte
na festa do livro portugués
no centro cultural camôes

mario correia apresenta
o libro adriano sempre
e conversa sobre o seu amigo
e sobre zeca afonso    do fado
de coimbra á cançâo de intervençâo
de antes de abril a depois de abril

06-5-2026

pequeno pais da chuvia

 

pequeno país da chuvia

 

das rías e do chapapote

 

dos montes en man común

 

dos caciques e dos lumes

 

pequeno pais dos castros

 

e cantas deusas caladas

 

en sinalados outeiros e boscos



 

03-5-2026

decimas bolivarianas

 

sábado dez de xaneiro

 

ás rúas de compostela

 

nós fomos por venezuela

 

por culpa dun pistoleiro,

 

maduro e cilia prisioneiros

 

e uns cen asasinados

 

venezolanos e cubanos

 

por defender o chavismo,

 

que morra o imperialismo

 

meus compas bolivarianos

 

 

branca e azul esta matria

 

tamén bermella e marela

 

ai coitada venezuela

 

caribe llano e montañas,

 

de sangue as terras manchadas

 

por misiles e mentiras

 

de tantas empresas gringas

 

a todo o imperio boicot,

 

chevron disney amazón...

 

eles non ofrecen vida

 

 

a catro meses do secuestro

 

estas rimas de xaneiro



 

 

30-4-2026

begoña das ondas e letras


a lúa e o mar en calma
a cidade de peedra sooña
o vento xa se vai pola alameda
e a rapaza escrebe dos seus  ...ismos
uns artigos un manifesto unhas novelas

hai mes e pico voltei por aquelas rúas
a libraría lila de lilith as prazas as tabernas
en ti pensei de ti falei coas amigas e cos ecos
de ti e das outras ausencias tamén na palestra

agora camiño por abril xa case maio
e que che conto das ultimas miserias
das rías e compostela até gaza e cuba
compañeira sempre da palabra
begoña das ondas e das letras


segundo poema

para begoña caamaño 


pipas


28-4-2026

o canteiro de ferro


o canteiro e carreteiro de ferro

        a ventura e pepe alonso abalde
          maría josé marcos e roberto

polo barrio de ribás
solitario nun outeiro
día e noite pica pedra
un coñecido canteiro
silencioso co seu pico
el tamén foi carreteiro

enriba do seu granito
unha escultura de ferro
a que deu forma o ventura
coma se fora un ferreiro
retratado está o alonso
o compañeiro valerio

canto tempo alá no alto
baixa ás veces do outeiro
cando non o ve ninguén
vai subir ao maruxento
a botar partida e contos
cos seus amigos monteiros

“triste matamá sen bois
pero os meus fillos e netos
buscan bois pra sementeira
e hai novos muiñeiros
a regueira vai contenta
cos vimbieros e cos freixos“

barrio a ruibás ou ribas
ten un canteiro de ferro
o trancas valerio alonso
labrego e trompeteiro
e dou fe que tamén foi
un mui bo augardenteiro

   verán 2025

 

Distribuir contido