21-10-2017

as mortes do desgoberno

 

 


angelina maximina
alberto marcelino
son as mulleres e homes
mortos polos incendiarios
e hai culpables e complices
uns prenden outros pagan
outros miran pra outro lado
outros manipulan minten ...
a lazarilla conselleira
e secretario feijoo...


arde o monte e o bosque
arden prados arde a terra
arrasando moita vida
pouca que se recupera

arde o monte arde o bosque
os cultivos as vivendas
nesta terra o desgoberno
sementando so miserias

arcolitos celulosa
constructoras e mineiras
e o pp so nos dan lumes
con mortes e mais miserias

defendamola entre todas
non perdamos esta terra
defendamola entre todas
non perdamos esta terra


manolo pipas