12-1-2018

galiza catro provincias



la coruña lugo orense i pontevedra...
cantábamos todos na escola
nos últimos anos do franquismo
e nos primeiros cursos da transacción
nesa que aínda moi mal seguimos 

xoves once de xaneiro republicano
micro aberto negra sombra propón
que fagamos un poema ou canción
co tema da galiza o país dos castros
e dela moitos poemas xa teño enredado
sigo agora con outro texto algo retrancón

la coruña lugo orense i pontevedra bis
galiza e galicia o galego e el gallego
e as catro actuais provincias dos borbóns
pero antes eran sete as nosas rexións
fillas dos castros da gallaeccia dos suevos

ei carballeira agora o pais dos arcolitos
o pais da chuvia agora secas e lumes a fartar
que pasaría se queimamos o pazo de meirás?
chorarían francos fragas feijós e marianitos

do miño ao eo e o navia
das rías baixas ao bierzo
seica é o territorio do galego
separados fomos da lusitania
pero as fronteiras son trapalladas
e co sur que ben podemos entendernos

la coruña lugo orense i pontevedra   bis
populares soe o bloque e as mareas
hai magostos maios entruidos e fogueiras

os irmandiños os séculos escuros
rosalía curros castelao e celso emilio
a nosa terriña a emigración e o exilio
e autonomía sen autonomía mal futuro

do camiño de santiago ás tractoradas
os chapapotes os lumes as pancartas
e no medio da escaleira nós seguimos
un chanzo máis abaixo e mais perdidos
 
galiza pouco queda do teu matriarcado
das formas comunais da comunalidade
galiza van a máis os teus feminicidios
coa complicidade de medios e gobernantes

la coruña lugo orense i pontevedra bis
pero antes foran sete as provincias
coruña betanzos mondoñedo
lugo ourense tui e santiago
seica galiza foi un grande reino
pero todos nós somos republicanos

romerías luar sardiñas e lacóns
panorama futbol seráns e rocan-rol
hai caciques narcos curitas e ladróns
caballeros zaras ghayosos e feijós

recitado e cantadas as cursivas
onte no uf negra sombra

 

manolo pipas