30-10-2021

moita xente pequena



moita xente pequena
en lugares pequenos
facendo cousas pequenas
poden cambiar o mundo

                    eduardo galeano

 


o recreo das cativas e cativos
recreanse algunhas en apertas
porterías e pelotas e poucas normas
pelota sen porteria e patinetes
e bicicletas de tres e duas rodas

xogos no chan con pequenos monecos
e controlando teñen a varias mestras
e caen as follas murchas das árbores veciñas
e polas reixas entran no patio da xente pequena

o recreo das cativas e cativos
co xogo do tren corpos agarrados
carreiras brincos e columpios
columpiase a utopía de galeano