15-2-2016

na defensa dos montes

 

 

pola defensa dos montes

falamos e compartimos

do verde que nos da vida

do monte ke está ferido


pola terra e por nós

pómonos serios amigos

denunciamos as desfeitas

que nós todos consentimos

 

nos montes das nosas rías

moita presión e saqueo

cantos espacios de vida

nestes anos se perderon?

 

pola defensa da terra

protestamos propoñemos

co medio outra relación

aínda estamos a tempo!

 

charlas na cova dos ratos

mércores xoves e venres

as 20.30 polos montes