31-10-2011

a lua cunha ducia de ollos




mirar a lúa cunha ducia de ollos

dime estrella que fago como pessoa
ela que tamén é astro saberá que di
que ben coñece os solpores de lisboa

fálame do durmir do soño e do espertar
e dunha versión rianxeira de kafka
unha nécora durmida nunha batea ao sol
e claro que eu non esquezo a súa palabra

dime  o café é unha bebida austera
austero é o fado entre o tejo e o mondego
e cal será a música do vltaga de praga
que acompañaba a kafka nos seus textos?

dime faiusca que voltou á desgobernada lisboa
que tomou ginjinha co jazz luso de alfama
coa lúa á que agora devolveron unha hora
ai esa lúa cunha media ducia de olladas!

lariño

na imaxe un fragmento

dun debuxo da chiquita áfrica