16-2-2010

imaxes de mulleres


unha muller carrexa auga
unha nena corta follas de tabaco
coa sua filla ás costas outra muller
unha muller de pe outra de xeonllos
recollen o café duas mulleres mixes
duas nenas camiñan en tlahuitoltepec
tres mulleres con cantaros na cabeza

cecais algo agardan
catro mulleres de otzolotepec
en cotzocón cinco labregas barbechando
seis mulleres mixes xunto ás campas
no mercado de ayutla sete mulleres
oito labregas sementan a milpa
mulleres sentadas na pendente
por fin descansan

unha muller olla a serra
outras duas mulleres traballan...


oaxaca 15-2-10

…......

fotografias dos anos 50
do narrador juan rulfo
dunha exposicion en oaxaca
e un libro editado