02-12-2010

nova caixa do capital


 


nova caixa galicia
e ate xuntaron os dous nomes
co seu falso equilibrio
mais patetico que poetico
e cecais sexa nova
pero xa non é caixa
e nunca foron nen serán
de e para galicia-galiza

caixa nova galicia
co seu novo logotipo
el azul de nuestro mar
y el verde del interior

caixa galicia nova
e o negho dos incendios
do luto e o do chapapote
onde o poñemos pois !?

desde a ria facemos
un pouco desta memoria
de fusions e fusionazos
caja de ahorros municipal
de vigo y monte de piedad
caixa vigo pontevedra
caixa vigo pontevedra ourense
caixa nova
nova caixa galicia

e logo que virá pois !?
unha mais grande ou a desfeita

la nueva caja será inscrita
en el registro mercantil de a coruña
y lo hará en gallego
como gesto de respeto y compromiso
con galicia su lengua y su cultura

o cronista

posdata necesaria
este texto pensaba publicalo
desde a biblioteca de travesas
da finada caixa nova
pero fallou o seu pinche güifi
e tiven que buscar outro espacio
tamen por liberar


02-12-2010

felinos

marcado o seu territorio
o xogo ou a pelexa
e o solitario e adulto macho
algo quere ou non quere
coa pequena femia

lariño


01-12-2010

o texto de cáccamo

o texto

 

Un home fala en soños co seu símbolo, dille
O tempo foi inútil, as palabras
consomen o seu ciclo, no cabo das xeiras
hanse repetir o ritual e o texto.

Desperto, baixa aos espacios raianos,
aqueles nos que a morte resulta peza de museu,
territorio único
onde a memoria perpetúa un empeño excesivo,
consolidarse en obxectos idénticos a pedras

O vacío nas cunchas val o mesmo que olvido
na voz do mar, linguaxe absoluta
para que as palabras cheguen a ser
os mesmos obxectos que nomean

 

xosé mª alvarez cáccamo


poeta e crítico autor de os cadernos
da ira e os documentos da sombra
versos do libro praia das furnas


01-12-2010

o circo do pobo

a rivalidade tribal e as suas cousas
o circo para o pobo descontento
e o antimadridismo mais alá do deporte
parece que sempre está ben
pero estes dias percibimos
nos medios na rua no autobus
un perigoso antilusismo
centrado en dous impresentables
da equipa branca tan manchada


e do catalanismo que dicer
pois nas eleccions non subiu
o chamado nacionalismo catalán
que arrasou a derechona
que é outra cousa ben distinta
a catalana e a madrileña
que tanto se parecen


o cronista



30-11-2010

ainda fican flores

ainda fican algunhas flores
na entrelazada bugambilia
e a arbore do pochote
floreceu como hai un mes

o seu tempo é outro
notase que non son
arbusto e arbore de aquí
pero aí van

de chapela a teis

 


30-11-2010

as casas do poeta

de sombras e poemas que son casas
unha antoloxia poetica sonora
de xosé maría álvarez cáccamo
que foi presentada onte entre libros

pepe cáccamo poeta en plena madurez
construcctor de casas de palabras
que escolmou os poemas do libro
e os que recita no disco que o acompaña

de sombras e poemas que son casas
verso do libro arquitecturas da cinza
presentado polo poeta manuel forcadela
e os dous amigos falaron da antoloxia
como a memoria e o olvido dos poemas

hoxe entre o outono e o inverno
as sombras os poemas as casas
o que permanece e o que se perde
no individuo e nos seus grupos
ai a tribo e os seus bardos


o cronista


29-11-2010

a pisca

sobre o meu portal
pousouse unha pisca
que quererá ?

no frio da mañan
ela abre as azas
bota a voar

lariño

 

 

28-11-2010

ervedeiro

ervedeiro é unha aldea
de catro casas situada
á beira do miño

Pasaría toda a vida
viaxando polas tuas entrañas
sentada ao lombo do vento
para te ollar desde o ceo

voaría a res da auga debuxando ondas
bailaría a tua danza murmurando o teu son
laralarala ...

camiñaría descalza
todas as tuas sendas
respirando da tua brisa
trocando o aire nun canto

laralarala ...

voaría a res da auga debuxando ondas
bailaría a tua danza murmurando o teu son
laralarala ...

paloma suanzes

texto e musica desta ferrolá
do seu disco feitizo


28-11-2010

xirando

a pita do monte
e a pequena pisca
os carballos e o teixo
e ti como chirivita

a nosa roda xirando
o te verde e a melisa
as chulas de cabazo
que teñas un bo dia

lariño

escoitando sidewaulk
como hai dezaoito anos
cada un no seu espacio

 

26-11-2010

un vaso de te verde

estaban mis ojos por la arena
mirando la luz violeta
y pensando quien pudiera
esconderla en otro tiempo
por si acaso un día los poetas
la encontraran y volvieran
a sembrarla en la noche enamorada
de la libertad del sur

paloma blanca
que vuelas por tinduf
con una rama de olivo
búscame el alma
en smara a la puerta del olvido
paloma blanca
paloma blanca

paloma negra
negra como la noche en el desierto
en una estrella dejé mi corazón
lleno de fuego
paloma negra
paloma negra

un vaso de té verde
me dió para beber
un dia la muerte
en mi boca era dulce
y sin embargo amarga
era mi suerte

un vaso de té verde
un vaso de té verde
amargo amargo
amargo y verde

vuelan las nubes
que me traen del sahara
el desierto
vuelan las nubes
como vuela el deseo de mi cuerpo
habibi, habibi
habibi, habibi

tus ojos negros
como pasos de agua
me miraban, tus ojos
tus ojos negros
el corazón
de arena me llenaban
tus ojos habibi
habibi tus ojos

dos cercos tiene la luna
mi amor ha muerto
en una noche oscura
luchando entre los muros del desierto
chahada, chahada
chahada, chahada

estaban mis ojos por la arena
mirando la luz violeta
y pensando quien pudiera
esconderla en otro tiempo
por si acaso un dia los poetas
la encontraran y volvieran
a sembrarla en la noche enamorada
de la libertad del sur

carlos cano

letra do cantor granadino
do disco forma de ser



Distribuir contido