10-9-2010

parece que chove

vai chover

xantar de froitos

desta e doutras terras

xa chove

visita dunha compañeira artesana

e erva luisa con mel recen colleitado

poalla na aldea

as moscas están bravas na mesa

poalla e poalla

faltannos estes dias as cativas

a poalla pasa a chuvia

unha coa calceta e outro co contrabaixo

chove con forza

oese un rato na cociña

con forza chove

mazans pra compota e apuntes de galego

non para de chover

vai regresar unha compañeira coa sua nena

e xa chove algo menos



faltasme

parece que chove

as chozas

a 8 de setembro
08-9-2010

os ecos das palabras

a manuel maria

as augas
do regato do cepelo
serán o meu verbo

baixei o rio miño
e os ecos dos poetas
enchian salvaterra
de recordos sentidos

é tempo de vendima
colectivas tarefas
tamen dan paso á festa
coas tuas cantigas

outono como tarda
non quere despedirte
teremos que decirlle
que viven as palabras

nas augas do pai miño
xa baixan follas murchas
serán da chaira tua
cara o mar paseniño

setembro 94

texto publicado
no colectivo libro a porta
verde do setimo andar

08-9-2010

versos de manuel maria

terra chá

A Terra Chá somentes é:
un povo aquí, outro acolá,
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto e soedá.


cancion do intre de ollar a propia terra

Ergo os ollos namáis polo lece
de mirar a nai terra tan fermosa.
!Galicia pra vivir e pra morrer,
terra túa e máis miña, terra nosa!

Terra clara i escura, ingrata e nobre.
terra probe, sinxela e complicada.
Raíz da que vimos, teito que nos cobre,
nai indiferente, xorda, patria amada.

Estou sobre ti, ben sei, sin merecerte,
tripando o teu chao, o teu torrón.
A miña alma é pequena pra quererte,
é pequeno, pra amarte, o corazón.

Homes e terras fante a tí, Galicia ,
tí eres mar, terra, homes, ruín sorte.
!Galicia na tristura e na ledicia,
xogándote a ti mesma a vida ou morte!

manuel maria

fecunda comprometida
e plural voz da nosa poesia
que voltou a sua chaira
o 8 de setembro do 2004

textos do libro terra chá
e de canciós do lusco ó fusco

07-9-2010

poema erotico

Poema erótico
Un muslo por akí
unha cadera por alí
saliva percorrendo os poros da pel...
caramba!
fas voar a calkera
levo teu olor gravado na calavera
Nos deslizamos cara a fogueira ke nos keimava
e aos dous nos gustava a paz salvaxe ke iluminava,
esclavo de tí, esclava de min, esclavos do prazer
Bebimos da suor...a música soaba e ao mencer en Marte estava,
na terra non entendía ke pasava.
O mel e doce e por momentos salgada coma o mar en forte marexada
a lua nos axitava cal lobos da manada,
nada importava o instinto animal nos superava e o mundo correcto dos humanos nos asustava
e agora, espido na palabra cantoche, muller leona-deusa das deidades latinoafricanoasiaticas,
nos teus ollos de oceanía viviría,
nesta fría europa a túa paixon,
todo o incendiava.

O García.2009


06-9-2010

o camiño das enchentas

a rota das enchentas
ou jalisia festa jolgorrio

para ostras frescas vijo para chocos redondela
van cantando catro jiris camiño de compostela

tomamos lamprea en arbo e condado en salvaterra
adorramos a jalisia o jolgorrio e mais a festa

alvariño hai en cambados en carril temos ameixas
mais que tur do xacobeo isto é rota das enchentas

festa vikinga en catoirra
en honor da nosa terra
ai que xentes tan amables
ai que rica esta servesa

jalisia festa jolgorrio ai camiño das enchentas
van cantando catro jiris camiño de compostela

en lalin temos cosido empanada hai en bandeirra
longa vida ao ano santo e sobre todo as vieirras

hai pementos por padrón hoxe vamos de vexetas
e mañán será churrasco se nos deixan as parrentas

jalisia festa jolgorrio
ai camiño das enchentas
fican xa poucas vacances
e que lonxe compostela

o cronista

texto escrito un pasado
chamado ano santo

05-9-2010

poema cancion

unhas palabras

unhas notas

unha melodia

un poema cancion

uns intrumentos

sentimentos que a tocan

a guitarra e as palabras

a frauta que sofre

o violin que se rompe

un poema cancion

unha voz desgarrada

un corazon

setembro 2010
03-9-2010

a nena e as cores


a nena vive na loma
e vai recoller as tunas
a chamba da pouco tempo
pro seu xogo e travesuras

frida baixa a cidade
que nela vende figuras
animaliños que veñen
con outras mans e culturas

nesa praza hai un pintor
que retrata unha escultura
e frida mira e remira
que lle gostan as pinturas

a nena volta pra loma
desde ela mira pra lua
pero como non ten cores
ela debuxa coa pluma

a lua co seu sorriso
frida que lindo debuxa
e xa se columpia nela
unha descarada bruxa

frida na loma pobre
xa se deita coa lua
e coas suas cores soña
esta rapaza das tunas

oaxaca 1-2010



 

02-9-2010

como un bonsai

dixecheme
que eras como un bonsai
e non é porque che gosten
moito as arbores grandes
e ti sexas pequena

dixecheme
que parte da tua vida
foi como a dun bonsai
porque foi como se te podaran
eses anos unha e outra vez

lariño
agosto 2010

01-9-2010

peixe

          
              peixe


                 ai
              o teu
           peixe ten
        forma de nube
      azul gris cargada
    de antiga humidade
     da tua illa caribeña
       peixe que busca
         unha patria
          sen nome
               con
           bandeira
        auga salgada


        a lazaro enriquez
            polo seus
         peixes escritos

                6-93


30-8-2010

un nariz unha mueca

un nariz
unha mueca unha ollada
un xesto
unha cara pintada
unha historia pa contar
sen palabras

nacho calado cronista
de tanta enerxia e sensentido
mimo corazon aberto
que se perdeu no camiño
paiaso corazon na lembranza
que nos segues dando mimos

manolo pipas
a 29 de agosto

na memoria de nacho otero
a quen este pálido rostro
non puido decirlle até sempre



Distribuir contido