04-7-2010

imaxina sons

imaxina sons

imaxina a luz

imaxina espacios imaxina o mar

imaxina os cons

imaxina o sur

imaxina xogos imaxina o jazz



o piano marca o espacio

vai con arco o contrabaixo

a bateria abre o marco

duos de trompeta e saxo

da serra morena

á ruta da seda



quinteto irene aranda

musica que anda e anda

praza da vila

noite do 3 de xullo
03-7-2010

vento de dangarandán

rosa dos ventos estrela
vento do monte dos castros
rosa de bretema e chuvia
ai son do alalá do faro

rosa dos ventos un vello tranvia
dangarandán un barco na ria
dandarandán que hai maresia
dangarandán
o faro da guia

rosa dos ventos guitarra
ese mastro de seis velas
rosa dos trinte dous rumbos
do horizonte da tua estrela

rosa dos ventos e o vello decía
dangarandán un barco na ria
dangarandán o vento xemía
dandarandán
nova travesia
mañán do 2 de xullo
a paco barreiro
polas dezaseis pezas tradicionais galegas
do seu disco dangarandán
arranxadas para guitarra de seis velas
02-7-2010

un pouco de jazz

a melodia deste saxo

deslizase como unha serpe

vai piano e contrabaixo



os platillos e a caixa

con mais notas envolventes

musica que sube e baixa


café central 2-2010



foi en oaxaca

pero podia ser estes dias

no festival de jazz

01-7-2010

decimas con atenco

ai atenco que emocion
foi espera longa e dura
como nunha dictadura
pero marcha o represor,
porque o seu cargo acabou
e xusto nas datas estas
saiu a vosa sentencia
que vos declara inocentes,
que sabia toda a xente
moita clamando na terra

o represor vai puxar
por postos mais importantes
leva as mans cheas de sangue
mais algun dia o pagará,
atenco non vai parar
as derrotas e as victorias
seguirán facendo historia
facendo comunidade,
machetes e paliacates
duas imaxes da memoria

ai atenco ai atenco
os teus presos xa na rua
pero a loita continua
que xustiza inda non temos,
oaxaca chiapas guerrero
cantos son os nosos frentes
por un mundo diferente
é moi longa a caravana,
a terra está sementada
a dignidade revelde


noite do 30 de xuño



onte por fin sairon libres
os ultimos doce presos de atenco
logo de catro anos e dous meses


.

.

01-7-2010

atenco resiste

atenco resiste


atenco resiste atenco
o festival nesta praza
a musica e a palabra
e o alento


resiste atenco resiste
entre saxos e guitarras
as darbucas e as jaranas
e o chaquiste


atenco resiste entrega
nesta praza aos seus cuates
o machete e paliacate
pola terra


atenco resiste alento
entre a milpa e o palco
os machetes dan aplausos
por atenco


en atenco 12-2009


 


30-6-2010

o barrio e os marxinados

todos somos iguais no noso barrio
no barrio todas somos ben diferentes
a orixe o traballo a casa as ideas
para uns somos persoas para outros xente
uns que chegan e outras que se van
e unhas poucas están aquí desde sempre

uns que non saudan nen no ascensor
outras tres veces danche os bos dias
uns que arrastran a sua tristeza
outras que camiñan con alegria

pero hai veciños nosos que non teñen vivenda
e outros que por aqui so están de paso
e que non teñen nen un teito onde dormir
e son os nosos excluidos os nosos marxinados

todos somos iguais no noso barrio
no barrio todas somos ben diferentes
hai tendas parques escola e centro de saude
uns espacios que todas as persoas merecen
e para completar este ou outro barrio
tristemente fainos falta un bo albergue

tarde do 30 de xuño

visita ao barrio de s roque e doblada
e parece que mañan hai manifa
contra un posible albergue

30-6-2010

pequeno espacio de liberdade

a praia e os corpos



o areal da fontaiña

é un pequeno espacio de liberdade

de liberdade reducida e controlada



na praia da fontaiña

solitarios parellas familias grupos

e un neno xoga a dar masaxes

no corpo espido da sua nai

e outra nai tamen está deitada

e a sua filla xoga cos seus peitos



a praia da fontaiña

é un pequeno espacio de liberdade

que pode seguir medrando


ultimos dias de xuño

29-6-2010

os ollos de laila

os teus ollos son fermosos / a tua ollada mui estraña
estás seria ou estás triste / que che pasa

está lonxe a tua terra / canto pesan as lembranzas
os teus ollos que me contan / que se calan

tes unha nova familia / e danche unha nova casa
e falas da tradicion / da palabra

os teus ollos que contentos
que xa estás embarazada
cantos fillos queres ter
ai rapaza

desculpa a miña pregunta / desculpame esta tonada
quen son eu podes pensar / miña laila

muller de lonxanas terras / que coidas adelfas brancas
porque vistes sempre escuro / ai rapaza

ese niqab que ti levas
case todo o corpo tapa
e dubido dos teus ollos
miña laila

manolo pipas

ollei unha foto dunha posible laila
e marchei pensando nos seus ollos
e foi saindo esta tonada



28-6-2010

hondureños

un compa de honduras llega
para hablar de su pais
otras gentes del mais
otro pueblo que se entrega

indigenas y mestizos
pueblos mesoamericanos
de tantos golpes cansados
morenos lacios y rizos

guatemala y belice
nicaragua el salvador
y en el medio otro cantor
hondureño que se dice

diego minas
oaxaca 6-10

a un año del golpe de estado
nos siguen dando golpes


















27-6-2010

frida e os espellos

,

os espellos e frida
e cada autorretrato
como un novo espello

de tlalpan e cuahutemozin
un golpe seco e brutal
e unhas brutais laminas

áridas paisaxes e mui frias habitacions
a mascara e a soedade

a revolta interior e a revolucion colectiva
o autorretrato e o mural

a blusa e a saia tehuanas e no medio
as cinturas feridas das mulleres de mesoamerica

a mascara e a soedade
o autorretrato e o mural
a frida e mesoamerica

oaxaca 4/07

onte a noite no negra sombra
penultimo acto organizou un recital

e botei uns versos como estes dous poemas
do libro a milpa e o paliacate

Distribuir contido