16-5-2010

anonimo titiriteiro

no centrico paseo vigués
un vello escocés cos seus títeres
e a sua man move un arco
que move o arco do seu moneco
violinista que non para de tocar
instrumentais e agora a guantanamera
que nos moven a alguns a sua beira

no decorado unha aldea e montañas
outro moneco sentado e un can
acompañan a musica coa man e a cabeza
mentres outro can non imaxinario
dorme xunto ao anonimo titiriteiro

na caixa do pequeno violin
leo a palabra gracias e deixo
a miña moeda e agradecemento
e xa vai nacendo este pequeno poema


vigo na rua do non
republicano 15-5-10

posdata
e este mercores bota a andar
o festival titiriteiro redondelán
e se os ventos nos son propicios
ai nos vemos pra escribir uns versos

15-5-2010

a serra e o home

quinto poema pola lingua

pasa o tempo do inverno
pasan ventos de silencio

chama o courel a uxío nononeyra
érguese un canto en toda a serra

e nevan sobre os teus cerros
uns longos días de inverno

xanelas abertas da mañan
ollos e olladas pousadas no val
berrando nomes que non están
e os meus ollos pousados no mar

pasan os dias do longo inverno
pasan e pasan ventos de silencio

courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!
eiquí síntese ben o pouco que é un home...

eiquí síntese ben porque nos chama a morte !

.


.

graciñas mestre e amigo
do teu alunno de vigo
un frío dia de maio
como se fora inverno
e seguimos co traballo

na ria 2010

texto recitado onte en vigo
nun evento da mocidade
pola normalizacion lingüistica

vémonos o 17 en compostela

15-5-2010

versos do poeta do courel

poemas de uxio novoneyra

cuartos poemas pola lingua


DO COUREL A COMPOSTELA

Os que asi nos tein so tein noso os noso nomes no censo
que hastra o noso suor sin alento se perde na terra

GALICIA, será a miña xeracion quen te salve?
Irei un dia do courel a compostela por terras libradas?

Non, a forza do noso amor non pode ser inutle!

                                                                        1957


A ROSALÍA

Solo da terra.

            Poden inseguranza e desamparo
i acólleste ós bes certos:
a casa!
           o val !
                      a patria homilde!
Nosa patria pola que ti chameas furando a noite!




Eu non podo esquecer

Eu non podo esquecer que estou emprazado
máis déixome en libertá
sin forzalos soños a morrer nin levalos a postra pra gardarme

       Son o home que pode e atura ser home
i, anque sei que non teño máis que esta vida
teimo algo que desminta a seguranza de que todo está perdido

                                                                                           1959

uxio novoneyra

poemas do libro tempo de elexía


14-5-2010

poemiña pola via rapida

breve poema para a longa ancha e elevada via

rapida do morraso



decian os medicos hai uns cen anos

que ir en carro a mais de trinta cinco

kilometros por hora

era malo para a saude



e tiñan razon pois



14-5-20
13-5-2010

entre rosalía e novoneyra

terceiro poema pola lingua




entre rosalía e nononeyra

un tempo de loita pola lingua e a cultura

un tempo de letras galegas

tempo das follas novas e dos eidos


hai corenta e sete anos

un dezasete do mes de maio

cumprianse cen anos da publicacion

dos cantares gallegos de rosalia de castro

libro de raiz oral e base da nosa cultura escrita

e este dia foi declarado polos intelectuais

na clandestinidade da dictadura

como o dia das letras galegas

e hoxe os fillos e netos politicos

daqueles fascistas ai seguen golpeando

a nosa lingua e a nosa cultura



rosalia e nononeyra

duas frondosas arbores de poesia

rosalia a poeta popular e a poeta do pobo

novoneyra o poeta do pobo

pero pouco coñecido

o poeta da terra e o poeta social

silenciado polo poder nestes anos



vigo 12-5-10
13-5-2010

poemas de rosalía

segundos poemas pola lingua

¿Que pasa ó redor de min ?


¿Que pasa ó redor de min ?
¿Que me pasa que eu non sei ?
Teño medo dunha cousa
que vive e que non se ve.
Teño medo a desgracia traidora
que ven, e que nunca se sabe ónde ven

!Mar! Cas tuas augas sin fondo

!Mar! Cas tuas augas sin fondo,
!Ceo! Coa tua immnensidá,
o fantasma que me aterra
axudademe a enterrar

É Máis grande que todos vos
e que todos pode máis …
cun pe posto onde bailan os astros
i outro onde a cova me fan

Impracabre, burlón e sañudo,
diante de min sempre vai,
i amenaza perseguirme
hastra a mesma eternidá

rosalía de castro

do libro follas novas 1880


11-5-2010

a cruz os paseos e o xenocidio

terceiro poema da memoria da guerra



no castro segue ergueita unha gran cruz

pequena copia do mausoleo de madrid

do chamado valle de los caidos

e o monte castro e as familias dos asasinados

reclaman unha pequena e serodia xustiza

que non é unha vinganza

o monumento dos asasinos debe cair

e algo tamen debemos facer

cos dous soldados ao pe das escaleiras

que coidan do monumento frankista


as letras de metal

cos nomes dos mortos fascistas

por fin son retiradas das igrexas

pero grabado no granito segue

desafiante o nome do lider falangista



un paseo outro paseo

que fermosa e insultante

palabra para tantos crimes



e din que na galiza non houbo guerra

acá houbo algo moito peor

houbo un silenciado xenocidio

durante ducias de anos



do castro ao casco vello

vigo 10-5-10
11-5-2010

a razon e a forza do 36

segundo poema da memoria da guerra

unha meniña curiosa cando ollaba pra unha igrexa
preguntabame quen eran os presentes nesas letras

rodeando unha gran cruz trinta nomes florecian
pero un deles destacaba pra manter a xerarquia

pra contestar a rapaza non sabia como entrar
pero ela non agardoue voltou a preguntar

son os cregos que pasaron por ese gran santuario
ou son os papas que houbo no lonxano vaticano?

non meniña esa xente pouco ten que ver con eles
outros dirán o contrario hai que lio cos presentes

eses nomes son os mortos do bando do vencedor
na guerra do trinteseis que sofriron meus avos

pero os nomes dos vencidos que silenciou o poder
seguirán vivos no pobo que non os vai esquecer

coa razon da sua forza de pistolas e cañons
unha xente revelouse contra as forzas da razon

meus avos que en paz vivían mais sofrindo ó seu patron
obrigados van loitar contra as forzas do terror

tamen tiña a resistencia algun que outro cañon
i esta guerra alongouse alongouse a destruccion

e nos libros foi chamada guerra civil española
mais de estados e nacions viñan xentes con pistolas

eran poucas e cativas as axudas da razon
pero as outras xa soltaban moitas bombas dos avions

case tres anos de guerra que non trouxeron a paz
i eses nomes ben gravados tristemente o van lembrar

e pra rematar che digo que todos moito perdimos
pero as xentes que venceron seguen hoxe dirixindo


manolo pipas
casco vello de vigo 2-98


do libro marzo abril
e outros naufraxios 09
09-5-2010

historias do chapapote 1


a tod@s os chapapoteiros
e especialmente aos que limparon
ao marxe do mal goberno
aos que denuncian e respetan o mar e a terra

aos compañeiros e amigas
que seguen na resistencia pola costa
contra os novos malgobernos





nestes dias outra gran mancha
está a estragar o golfo de mexico
xunto a desembocadura do misissipi
e falase dun desastre natural
cando é un delito case igual de grave
uns pozos en malas condicions
que uns barcos como o prestige

os poemas deste posible libro inedito
irán aparecendo neste espacio
pouco o pouco cando dispoñan as marés


pasou algun tempo

pasaron sete anos e medio
é tempo de dar outra vez a cara
compartir outra vez os versos
os poucos poemas que publiquei
e alguns mais que din recitado
contar en poemas como o vivin
cos textos daqueles anos
e cos versos que foron saindo
nos ultimos meses coa memoria

vigo 4-2010



todo empezou

todo empezou
un posible luns ao sol
cando dun porto maldito
do norte de europa
partia unha maldita carga
nun vello e maldito barco
na sua derradeira
e mais maldita travesia

europa 11-2002



unha nova data

13 de novembro do 2002
unha nova data
como calquera outra
baixo un novo temporal
un novo barco
como calquera outro
baixo as mesmas ilegalidades
unha nova carga
pero ainda mais perigosa
a mesma catastrofe    multiplicada
o mesmo delito     multiplicado
a mesma incompetencia   multiplicada
e unha nova deixadez
e a mesma prepotencia
a mesma mentira multiplicada
unha inmensa falta de etica

unha impotencia
e unha nova resposta
unha nova dignidade
un novo
nunca mais

galiza 12-02


o chapapote

o chapapote
foi unha palabra nova para min
na nosa ria era ben coñecido
pero lle chamabamos piche

houbo alguns petroleiros antes
que deixaron a sua pegada de morte
nas nosas costas
e outros descoñecidos barcos
que diante nosa
limpaban os seus tanques

lembro de cativo
manchar os meus pes na praia
dese piche chapapote

vigo 11-02


tóxico

o chapapote é toxico
temos infectada a pel
os ollos o nariz os pulmons
e as veces tamen temos infectadas
as neuronas e os pensamentos

e terei que vivir
co chapapote durante anos
será o meu odiado compañeiro
será a miña defensa
e a miña arma arroxadiza
este fillo do petroleo
será a miña segunda pel

mougás-karnota   12-02



corpos anonimos

como nunha maldita obra de teatro
cada voluntario cobre o seu corpo
e so deixa ver os seus ollos
muitas veces ao traverso das gafas

eu que fun dos ultimos en chegar
aki non coñezo a ninguen
e faise mui difícil falar
entre mascarillas
xa manchadas de chapapote

cando rematamos a xornada
pouco a pouco sacamos os disfraces
e descobro a un amigo que non via en anos
recoñezo ao repartidor de refrescos do barrio
e alguen que me di que unha vez
me escoitou recitar uns versos

mougás 12-02

os seguintes poemas
cando dispoñan ventos e marés

07-5-2010

adagio en mi pais

En mi país, qué tristeza,
la pobreza y el rencor.
Dice mi padre que ya llegará
desde el fondo del tiempo otro tiempo
y me dice que el sol brillará
sobre un pueblo que él sueña
labrando su verde solar.
En mi país, qué tristeza,
la pobreza y el rencor.

Tú no pediste la guerra,
madre tierra, yo lo sé.
Dice mi padre que un solo traidor
puede con mil valientes;
él siente que el pueblo en su inmenso dolor
hoy se niega a beber en la fuente
clara del honor.

Tú no pediste la guerra,
madre tierra, yo lo sé.

En mi país somos duros,
el futuro lo dirá.
Canta mi pueblo una canción de paz.
Detrás de cada puerta
está alerta mi pueblo,
y ya nadie podrá
silenciar su canción
y mañana también cantará.
En mi país somos duros,
el futuro lo dirá.

En mi país, qué tibieza
cuando empieza a amanecer.
Dice mi pueblo que puede leer
en su mano de obrero el destino
y que no hay adivino ni rey
que le pueda marcar el camino
que va a recorrer.
En mi país, qué tibieza
cuando empieza a amanecer.

En mi país somos miles y miles
de lágrimas y de fusiles,
un puño y un canto vibrante,
una llama encendida, un gigante
que grita: ¡Adelante... adelante...!

Solo
En mi país brillará,
yo lo sé,
el sol del pueblo arderá
nuevamente, alumbrando mi tierra.

alfredo zitarrosa

cantor da pampa uruguaya
compositor e interprete de milongas
zambas candombes chamarritas …
e todos os dias son bos
para lembrar ao mestre zitarrosa

Distribuir contido