un cartaz na portadunha tenda anuncia que abren outro espacio
noutro barrio desta cidade hoxe dezaseis de novembrocos bares pechados é un bo díapara abrir unha nova tenda de alimentos
a autoridade portuaria de vigo do pp inauguróuna estación marítimaunha escultura de homenaxeaos soldados da guerra de cuba concello e deputación do psoevan inaugurar outra esculturado sagrado corazón de jesúsno monte da guía parece que xogan a quen é máis patriota e máis modernoo pp quedóu nas últimas colonias e o psoe uns séculos atrás
sobre un tramo do lagarespasean humanos con mascarillase cans con bozais ou non na auga dúas parellas de parrulos e fálolles pero non din nin cúa
a nosa sociedade naufraga cada día nas praias e nas fronteiras nos campos de desprazados nos peiraos de persoas almacenadas
café para levarpon fora nun bar do barrio pegado a outra cafeteríaque non abre desde marzo collín e levei un café apoiando a causa perdidapero uns días despois volvín con culleriña e taza
comestibles os velenosasfermosas estas setaspero tanto me ten o detalleque non me vou meter con elas
emerxencia e alarma e desfeita climática e non hai dúbidasé unha certezaque camiñamos cara o abismo
do virus aínda pouco se sabee mentres aumentan as certezas tamén hai cada vez máis dúbidasdo seu contaxio e das secuelase este virus vai mutando golpeando tamén a cienciaque tamén dubida nas vacinase segue medrando a desfeita
hai tres días tomei tres cafés na mañán tarde e noite en tres cafeterías do barrioe lin tres periódicos e deixei tres propinas na mañán tarde e noite que baixe o virus e volten os cafés en trinta días
isaac díaz pardodíaz pardo cen anos artista pensador mestree un dos homescon máis ética deste paísseica no gaiás
na chamada cidade
da cultura expoñen
a súa grande obra nese mamotreto e na súa conselleríanon hai ética ningunha