20-10-2020

o corazon da arbore



o corazón da árbore talada
o tronco do salgueiro en silencio
denuncia e plegaria

 

 

 

19-10-2020

cano de auga



o cano da ghaspara
lúa a lúa sen descanso
sempre regalando auga

 

 

15-10-2020

daqueles grandes lumes



xa van tres longos anos
daqueles veloces voraces lumes
e nós non fixemos case nada
e os darriba menos ca nós

e as feridas da terra
as cicatrices do monte
a memoria das árbores mortas
en silencio denuncianos

foto destes días
na ghaspara freixo

 

 

14-10-2020

derrubada arbore



a grandota árbore derrubada
polo último  temporal
e tres anos atrás
morta polos lumes

que o seu tronco fique no chan
como memoria


na ghaspara


 

12-10-2020

hispanidade e xenocidio


na nosa inxusta e sucia cidade
teñen a rúa colón e a de hernán cortés
a rúa pizarro e a avenida hispanidade
nomes de rúas que por desgracia
tamén teredes nas vosas urbes

sería un pequeniño acto de xustiza
mudalas pola rúa dos caribes
a rúa dos mexicas e a dos incas
e dos diversos pobos indíxenas
e pola avenida do xenocidio
dese non descuberto continente

na nosa desmemoriada cidade
non hai estatuas de conquistadores
para pintar ou derrubar
pero si de moitos militares
e tamén hai bustos para homenaxear
como os de bolivar e martí



11-10-2020

das liortas de midrí


as liortas do covid
tamén serán contaxiosas
co epicentro por midrí ?

a coalición da autonómía-rexión
dos mentirosos franquistas de ayuso
contra o goberno da nación de coalición
monárquico-republicana-socialtemócrata…
rifan presidente con presidenta e ministros
consejeros delegados e técnicos varios
mentres os milicos nas súas maniobras
seguen a fumigar a diestro e siniestro

pero non en génova e na zarzuela

podedes salvar midrí
pero sobre todo salvar
de midrí a eeeespaaña

o estado de alarma chega
mui tarde e non abonda
deberon aplicar o artigo 155

 

 

09-10-2020

brillante portela


viascón xa van cen anos 
ricardo  portela  sons
grande a vía desta gaita
do brillante a emoción
dos morenos e os soutelo
el foi o alunno maior
aires de pontevedra aire
portela no corazón

arden os cangos

 

 

05-10-2020

janis e jimi


catorce días separan
pero máis ben unen
unen as mortes de janis
joplin e jimi hendrix
xa clásicos monstruos da música
que se foron hai medio século

coa mítica idade de 27 anos 

espíritos demasiado livres
e das súas vidas obras e mortes
que pouco aprendéu o seu país

janis joplin chamada
a deusa branca do blues
é dificil ser livre
pero cando funciona
paga a pena

 





03-10-2020

pequeno traxecto


sentada no bus
coas pernas cruzadas
xunto á xanela
empregas o movil
escribes les e déixalo
e cruzas as mans sobre as pernas

sentada no bus
baixo a mascarilla levantas os ollos
e viras a ollada para a rúa
e tres cruces despois ergueste
botas hidroxel nas mans e baixas
coa apretada mascarilla

 

 

27-9-2020

irmau baena


coma un irmau che falo
coma un irmau che falo...
os versos de celso emilio
daquela longa noite de pedra
nas voces dos primeiros fuxan
sonaban ante a tumba de baena
para dar paso á homenaxe
aos últimos loitadores antifranquistas
asasinados polo réxime fascista

memoria xustiza e reparación 

corenta e cinco anos despois
a longa noite de pedra
aínda non rematóu
coma un irmau che falo
coma un irmau che escribo





Distribuir contido