Xaneiro 2019

21-1-2019

estampa



abandonadas leiras e viñas
tomadas pola vexetación
pero ningún artista
faría unha composición
tan fermosa

campo grande moo

 

 

19-1-2019

garza

 


a cincenta garza
na árbore acuática
a mediodía descansa

charca de arca

 

 

17-1-2019

vexetal aperta



a árbore aperta
a luz o frío o vento...
as miñas verbas


freixo de castrelos

 

 

 

14-1-2019

enredados

 


enredados
os salgueiros do minho
vecinhos
dos enredados humanos

vila nova da cerveira

 

 

13-1-2019

labrego candido



logo de moitas funcións
cándido neno labrego
coas mans cheas de terra
voltóu ao primeiro rego

camiñóu longo este neno
moitas leiras e escenarios
e cando conta na casa
cumpre a nai noventa anos

neno cándido balbino
memorias de gres e navia
mesmos ollos e sentires
e que sigan as contadas



cándido pazó e neira
vilas na asociación
veciñal de navia


manolo pipas 



11-1-2019

montanhas



a liberdade
a independencia
montanyas e cumios
moi dificiles de escalar

 

 

 

 

09-1-2019

carballo

 


o carballo
grande da bouza
camiño da noite
que soña ?



07-1-2019

chorro e arbore



o chorro de auga
vai algo máis dreito
que a sua amiga árbore
pero en todos estes anos
a árbore foi a que nunca
parou de manar

na bouza

05-1-2019

malos da praza de oriente



coidado cativas e nenos
cos novos tres reis malos
daquela praza de oriente   
ribera abascal e casado

coidado cos seus presentes
casado abascal e ribera
regalan máis xenofobia
machismo e miseria

imaxe do jueves
atopada despois
de facer os versos

04-1-2019

inxusto estado machista

 


prenda cabezuelo
escudero guerrero e boza 
apelidos paternos
de cinco machos ibéricos
que xuntos en manada
poden probocar noxo
pánico raiba …
e eles e a machista xustiza
tamén probocan
rebelión e desobediencia

coidado machista
estás na nosa lista

a min tamén me mola
volver a casa sola

na casa e na rúa
queremonos seguras

nin submisas nin pasivas
somos mulleres combativas


03-1-2019

sarrionandia poema


BADAEZPADAKO ABISUA

Marixane Agerrekoa naiz ni
XVII. mendean
Pierre de Lancrek
errearazitako16 urteko neska,
eta abisu bat
eman behar dizuet.
Begira,
geroan ere,
egia eztabaidaezinak,
sineskeriak,
behar bezalako ideiak eta portaerak,
zitalkeriak,
zuzentasun politikoa,
derrigorrezko debekuak,
justizia, bakea,
garbiketa egin beharra,
eta halako hitz eta esaerekin,
eta armada tropelekin
agintari moduan
helduko den jendeak,
baliteke
beste inkisizio batzuk
antolatzea.

Joseba Sarrionandia


ADVERTENCIA POR SE ACASO

Eu son Marijane de Aguerre,
unha moza de dezaseis anos
que Pierre de Lancre
mandou queimar
no século XVII.
E veño avisarvos de que
debedes ter coidado porque
no futuro tamén
virá xente a falar de verdades incontrovertibles,
supersticions,
ideas e comportamentos correctos,
maldades,
corrección politica,
medidas imprescindibles,
xustiza, paz,
a necesidade de limpar
e outras palabras ou frases semellantes,
e chegaran acompañados
de xente armada
con aire imperioso,
tentando instaurar
talvez
unha nova inquisición

 


joseba sarrionandia
traducción isaac xubín

 

01-1-2019

niños



as follas
que foron caindo
nas árbores descobriron
estes niños


que volten aves ovos
e pitiños