Xaneiro 2021

21-1-2021

porcos bravos e sapiens

 


no regueiro do monte
os chamados porcos bravos
teñen un lugar especial
para embadurnarse de lama
e logo se refregan
no tronco dunha árbore

polo regueiro baixan
tristes plásticos botellas latas
trapos … da aldea dos sapiens  
deses bichos domesticados 

e no monte
cando marchamos os homos
anoitecendo os porcos bravos
baixan ou suben aos poulos
buscando algo de comida
na terra que era deles
e cando se retiran non tapan
os moitos bucacos que fan
pero os porcos bravos saben
que nós somos moito
máis porcos ca eles

 

 

18-1-2021

caravana de migrantes

 

unha caravana de migrantes
centroamericanos choca
coas forzas de represión
na fronteira guatemalteca
cando queren sair de honduras 

o seu soñado destino
é país de obama-trump
pero antes deben chocar
coa fronteira do país da malinche
cando na migrante caravana
xa haberá moitas guatemaltecas

 

 

17-1-2021

tres desgracias


o virus a nevada trump
a nevada trump o virus
que fixemos e que facemos ?
con trump o virus e a nevada

estas son as noticias
que mais tempo ocupan
estes dias nos medios

e se cadra as tres teñen
a mesma cruel orixe
a nosa sociedade decadende
e o noso consumo atroz 

tres desgracias con parecida
incompetencia para resolvelas
emerxencia climatica e social

 

 

15-1-2021

a desfeita e a vida


outro río contaminado
outra selva arrasada
outro petroleiro derramando...
pero aínda que a vida
sempre volta e vence
o prezo é demasiado alto
neste planeta envolvente

 

 

 

13-1-2021

anaco de granito



anaco de granito
chantado no campo
polo vento e a chuvia
con forma sensual tallado

tallado anaco de granito
pola natureza lentamente
cunha forma sensual
que cada día florece

por freixo



11-1-2021

uns meses para xela


as letras deste ano
foron adicadas hai vinte días
pola real  academia galega
á escritora xela arias

tardei en escribir estas liñas
pola mui compartida sensación
das fallidas letras do ano pasado

grande xela arias
que xa aparecera dúas veces
nas candidaturas doutros anos
e mira ti que o seu irmán
agradecendo a homenaxe
dixo que carvalho calero
ben merecía outro ano máis

xela que de nena
fora ao colexio fingoi de lugo
que dirixía o mestre ricardo...

letras para xela arias
pero parece que so vai ter
uns poucos meses de homenaxe

 

 

10-1-2021

as favelas de madrid


centos de chavolas
xuntas como nunha favela
a villa-miseria de madrid
chámase cañada real

pero hai máis miserables    
na realeza española
na moncloa en génova
na porta do sol

nas electricas ...

 

 

09-1-2021

distintas pegadas



as vitais pegadas
de gaivotas e parrulos
no efímero areal do río
serán levadas polas augas
pero as nosas pegadas
de destrucción permanecerán
e medrarán

 

08-1-2021

o frio e a flor

 


entre o frío a primeira
flor da pequena camelia
que siga a festa

 

 

07-1-2021

filomena e donald


filomena chámase
a última xelida borrasca
que durará uns catro días  
perdendo a súa forza

donald chámase o furacán
tornado sunami que leva
arrasando xa catro anos

iankilandia e o que atopa
con máis forza ao final
pero ameazando con voltar




05-1-2021

festa regalos saúde


non hai mellor festa
e regalo que a saúde

hai que salvar o nadal
era a consigna dos darriba
e que llo conten agora
aos parentes e amistades
das mortas e mortos
que se puderon evitar

deberon pechar os centros
comerciais e todas as tendas
e nas rúas non deberon poñer      
ningun adorno navideño 
que deixaran o nadal so dentro
das casas para quen o quixera
pero sen convidados a comer

non hai mellor festa
e regalo que a saúde
banda de insensatos
das festas ilegais

segue mandando
a igrexa e o capital
pero non hai mellor festa
e regalo que a saúde

 

 

05-1-2021

nadal índa máis inxusto

 

non hai mellor festa
e regalo que a saúde

nunha das barriadas
máis golpeadas desta
inxusta cidade de vigo
acordaron por primeira vez
poñer a cabalgata de reis
na avenica castelao de coia
para rirse dos seus veciños
das ducias de persoas sen teito
das centas que non teñen

gas calefaccion ou auga
das miles que malviven ao día

coma noutras barriadas da cidade

que malgasta os seus cartos

e agora teremos nos

que desinfectar avenida


ano tras ano o nadal
é índa mais hipócrita 
e inxusto