Abril 2021

17-4-2021

a auga de fukushima


a auga empregada
para enfriar a danada central
nuclear de fukushima
con medo gardada en depósitos
ameazan con botala ao mar
decindo que non é perigosa

se esa auga non fai dano
que os responsables
da enerxía nuclear nipona
que se bañen con ela
que cociñen con esa auga
e que a beban



14-4-2021

a 90 anos da república


republicano este abril
catorce republicano
e xa van noventa anos
seguimos a resistir
querido republicano abril

razón cantra cruz e fusil
os mesmos seguen mandando
e co covid reforzados
querido republicano abril
seguimos a resistir

 

 

13-4-2021

chuvia en abril


logo de moitos días
sen a necesaria chuvia
ela voltóu para regarnos

abril chuvias mil
hai tempo que non vai
levóuno o cambio climático


11-4-2021

as rodas e o futuro

 


o futuro deste país
debería subirse nas rodas
de carriños como estes
que non contaminan


09-4-2021

de wuhan a manaos


as pobres e os países pobres
son os máis afectados polo virus
e os indíxenas das americas
pola súa escasez de anticorpos
teñen as comunidades máis golpeadas

o virus muta e volta mutar
e na amazonia a chamada
variante brasileira do covid
parece que é a máis contaxiosa
mortífera e resistente
e hai moitas dúbidas 
de como lle afectan as vacinas

a desaparición de ecosistemas
e perda de biodiversidade é un caldo
de cultivo de virus e mutacións
e en manaos no medio do amazonas
xa non entran as tumbas nos cimeterios
que van medrando cara a selva

 

 

04-4-2021

insultantes enquisas


nas enquisas sobre a valoración
de politicos e politiquillas de turno
ministros conselleiros presidentas
a oposición os cándidos candidatos...
a necesaria opinión das mortas e mortos
do virus e das súas politicas non sae

 

 

 

01-4-2021

do un de abril


o un de abril
van os burros
onde non deben ir
expresión moi antiga
da nosa cultura

o 1 de abril
o día das bromas
que aínda se fan
no veciño portugal
e que nos foi roubado
polo 28 de decembro

e menuda broma
que este día coincida
co xoves de pasión
festivo dos da inquisición

e un 1 de abril o fascismo
e o nacional-catolicismo
vencéu a república