Outubro 2021

12-10-2021

insultante 12 de outubro


colón e o mal chamado descubrimento
que trouxo a chamada conquista
coa espada e coa cruz hispanidade
colonizar masacres e pestes
os colonos e saqueo tras saqueo
colonias explotación e esclavismo
imperio xenocidio de pobos enteiros

pero moitos resistiron 

e logo a chamada descolonización
coas chamadas independencias
que pouco mudaron pros dabaixo
e faltóu e falta a verdade
a memoria a liberdade a xustiza...

doce de outubro xenocidio
que o fallido estado español
celebra cun desfile militar

 

 

11-10-2021

o volcan e o dron


cada dron que mandan
e grabar mui perto
a boca do volcán
para que se destrúa sacando
as mellores imaxes
e o ultimo canto
a estupidez o consumo
e destrucción humana

 

 

10-10-2021

o volcan e os desaloxos


o volcán a cinza a lava…
e toda a súa destrucción
pero non houbo mortes e feridos
e todas as illas canarias están feitas
de lava e cinza

persoas e animais foron
desaloxadas pola cinza e a lava
ovellas cabras burros …
viven en instalacions provisionais
e naceron estes dias dous miricos
que chaman lava e volcán
é a vida