10-2-2018

pedras e bretemas ramon

 


...aqueles desvelos poéticos...
lembra ramón os encontros
conversas e recitais con algúns
de nós que estamos na presentación
do seu libro se pedra na brétema

no meu caso foi en terras de noia
coa porta verde e o colectivo sacóu
e logo en bueu con alfonso láuzara
e faltóunos coincidir na residencia
de escritores de axóuxere en brión rianxo
e no desaparecido centro social bou eva
e noutros encontros do verso

...eu son un perfeccionista
que me emborracho coas palabras...
e logo conta dos poemas e recitaos
...a xente que perde a memoria
traiciona os seus recordos...
e xa vai outro texto

os canteiros e o vello novoneyra
pablo sax e máis recitais e intervencións
os bichiños que na noite comen os libros
e os vagalumes-lusincú...

lembro unha pequena conversa
co ramón polo móvil e con cuartetas
rimadas en asoante os dous
e el contaba que estaba fendendo leña
e imaxinoo escribindo este libro
na brétema fendendo pedras-poemas


marchamos e tomamos a primeira
co editorpresentador antón lopo
nunha literaria cafetería
e logo a noite levounos
a un mesón de independencia
o moncho con iria e oscar
...sacóu éramos unha nau de tolos
dixo alguén e platicaron navegaron
por aquelas lonxanas brétemas
do colectivo sacóu de outes e noia
os compas a caramuxa a mincha
poderíades publicar un colectivo
libro con aquelas historias pois
dígolles e marchan entre a brétema...


se pedra na brétema

de ramón blanco publicado

por chan de pólvora

onte na libraría andel

foto de xaime nogueira


manolo pipas



10-2-2018

xinzoverinlaza entroido

 


triángulo triskel máxico do entroido
as terras frías de verín xinzo e laza
carnaval de máscaras de bidueiro
peliqueiros cigarróns e pantallas
animais totémicos lobos osos
aguias linces raposos
touros cabras...

coloretes bigote e sorriso burlón 
que eles non che den coa súa vara
vintecinco kilos seica ten o traxe
carreiras e non para a cencerrada
os intocables fanse donos do lugar
telúrica é a súa mascarada
fariña e vinagre
coitadas formigas
o luns borralleiro
a farrapada…

o cronista


09-2-2018

corneta e palabras

 


unha vella corneta
que ao combate xa non chama
e que agora da luz
na barra do negra sombra
as cativas escritas palabras

no micro aberto
van ser outras as batallas

nestes últimos xoves

pero na imaxe co foco
as rimas saen difuminadas

manolo pipas



08-2-2018

onde estas anna gabriel

 


educadora social

autónoma  do  sallent
compa d'endavant e das cup

onde estás anna gabriel?
din que ti andas fuxida
desas leis do coronel

por barna ou no montseny
nas fontes do río ter
en venezuela ou chiapas
estés ti onde estés
deseguro que ti loitas
por republica e procés

pipas


06-2-2018

frio solpor

 


frio solpor das terras de castrelos
as nubes o val o folklore...
e cativos versos

 

pipas

05-2-2018

candelas senyeras e cantares

 


polas terras de castrelos
o domingo das candelas
nunha carpa baixo o frío
temos centos de bandeiras
de estados de perto e lonxe
e desa unión?europea
e moitas de catalunya
pero ningunha galega!

bandeirinyas catalanas
nesta festa das candelas
non pensedes que en castrelos
son da cup ou son de esquerra
que seica ían baratas
nunha tendinya chinesa

pero vari@s d@s cantares
con gaitas e pandeiretas
pensaron cantar l’estaca
debaixo desas senyeras

na foto cantares do brión



04-2-2018

chorro de auga

 


sobe e baixa
o chorro deauga
na noite da charca

03-2-2018

por unha arbore



breve elexía por unha pequena árbore que non deixaron
medrar na beira-rúa dunha inxusta-cidade

akí había unha árbore
e os humanos cos coches
e as cabichas matarona

na florida-coia

 

 

02-2-2018

lonxe guitarra e violino



nas ultimas semanas escoito
moito unha guitarra e un violino
mil tristezas    viejos aires     lejos
acompañados por piano e percusión
que as veces tamén me acompañan
tango en silencio    lágrima de cera
na casa nas miñas andainas poéticas
lejos    viejos aires     mil tristezas...
lágrimas e tangos envolventes


lejos disco de fernando egozcue
e ara malikian con composicións
do pibe guitarreiro

 

31-1-2018

a tua lua



desde a túa terra
amiga en poucas horas
a lúa podes vela muito mellor

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido