10-12-2019

dos ultimos cazadores


que paradoxo que os últimos
auténticos cazadores
os que cazan so para vivir pois
no  ártico e nos bosques tropicais
son os que menos afectan o seu medio
e son algúns dos que máis sofren
os grandes cambios no planeta
que nós estamos a probocar



09-12-2019

os glaciares e nos


os glaciares poden ser
coma ríos de auga xeada
que se moven mui lentamente
poucos metros por ano
e lentamente chegaron os humanos
e mesmo foron habitar perto deles
pero chegóu a era e suciedade industrial
e co último capitalismo máis rápido

que lento son arrasados os glaciares

 

 




07-12-2019

do que arde


o que arde o que arde
o filme de oliver laxe
e arden tantas cousas
o rural que se baleira
arden o bosque o monte
os ríos as rías os mares
a sociedade de consumo

 

 

05-12-2019

vai algo de frio


vai frío
vai algo de frío
vai bastante frío
pero non o suficiente
falta muito frío nos polos
falta no ártico e na antártida
no himalaya nos andes nos alpes
máis frío nos pirineus nos ancares...

 

 



04-12-2019

trece e mais rosas


as trece rosas
estes meses estiveron
coma onte en boca
e na pluma de moitas
as máis reivindicándoas
os menos insultándoas
pero non esquezamos
que houbo miles de rosas

republicanas asasinadas 

 

 

02-12-2019

da destruccion da vida


cando penso na destrucción da vida
penso nas mineiras e na industria
no turismo e nos centros comerciais
nas grandes cidades e no capital
nos malos e pésimos gobernantes...
penso no noso atroz consumo
e na emerxencia climática

 

 

02-12-2019

da vida


cando penso na vida
penso en nubes e bosques
penso en lagoas ríos e rías
arrecifes glaciares montes …
penso no día e na noite
nas estacións e no clima 




01-12-2019

a nena e o barco


a nena o barco
e o océano atlántico
a nena no barco
cara ese cumio climático

a nena no ecolóxico barco
na escola baleiro o seu banco
esas físicas experiencias
deben ser o seu mellor temario

pero ...en cambio...




 

 

30-11-2019

a lua pensa na terra


                     a patricia 

rico o sistema solar
o sol venus terra lúa...
todos eles a rodar

a terra vai ben coa lúa
día e noite dando voltas
satélite din da segunda

a lúa chiquita e grande
pensa na irmán maior
nestes anos tan distante

a lúa mira pra terra
- tolos andan os humanos
estragando o seu planeta

terras augas firmamento
teñen moi ferido o clima
xa perdimos moito tempo

vaise quentando o planeta
do capital e o consumo
somos coma marionetas

- terra planeta querido
que é o que tanto che doe
- todo dos andes ao miño

- terra naiciña querida
millóns de homes non merecen 
ese aire que respiran

manolo pipas



29-11-2019

o barco e o cantor

 

                  a xaime rivas


cantor do playa girón
con guitarra mariñeira
entre bodega e cuberta
el foi pescando cancións,
salgados son os seus sons
as palabras os acordes
amores e sin sabores
da illa e dos continentes,
ese silvio consecuente
seguidor dos seus maiores

manolo pipas


Distribuir contido