por terras do outro mexico

18-12-2013

de nubes e nitu nitus




polo ceo pasan unhas nubes            

e as chiquitas xogan adiviñar
as posibles e imposibles formas
dos cambiantes brancos entre azuis
unha cancha de beisbol
o milenario arbol de el tule
un comal unha tortilla
un chile unha chilacayota
o mapa do malo pais do norte
unha estela de monte albán


durante a asamblea   
sentados sobre o petate
á cativa da serra juárez
quero ensinar a facer
dragonciños voadores
e ela mui seria contestame
yo no tengo cuatro manos
á comunidade de dragonciños
eveline e dalia falan de porlle nome
los pájaros del paraíso
resolve a cativa


poemas da viaxe ao pais das nubes
que chus láuzara escribiu nas duas
serigrafías que nos regalou a trovador
e cronista
e onte acorcei recitar o primeiro
que me faltaba unha chamaca pro dialogo
imaxe do recital na libraría andel


manolo pipas


11-4-2013

historias de papel




para luna esa forma alada de papel

é un pegaso un cabalo voador pois
e vaille dar de comer os desperdicios
que tamén lles botan aos cans

con laura unha nova historia
-que es ese animalito
-es un ave
-y que ave será
-de los tipos de aves que vuelan
-y como le vas a llamar
-blancanieves
-y que le vas a dar de comer
-los animales que vuelan
comen semillitas


preguntolle a camila
pola sua palomita de papel
e pasa de seria ao sorriso
-se fue volando al cielo 

tamén eu logo
teño que voar


manolo pipas

debuxo de eva castro
libro a milpa e o paliacate


25-2-2013

a deusa lua




a lua case chea

na primeira hora da noite
vista desde mixcoac
a deusa mexica
entre o matorral
desde o parque da bola

sur da cidade


10-9-2012

chamacas de yagila 2




inverno da serra norte

nesta aldea zapoteca
dous anos radio yaxhil
na soleira da xanela
descansan outras chamacas
un ratiño na sua festa

imaxe 12-2010


09-9-2012

chamacas de yagila 1




na tarde parou a chuvia

e por unha pista enlamada
do inverno da serra norte
camiñan as duas chamacas
deixan por un rato a festa
e xa voltan para casa

imaxe 12-2010


15-4-2012

dos poemas e das rolas




foi unha viaxe e outras mais

os versos recitados e cantados
quixeron debuxar un irregular circulo
como o tronco e a copa da vella arbore
como a mazorca o comal e a asamblea

as pequenas historias
que un tenta plasmar nunha folla
nun caderno nun libro nunha pantalla
na noite do negra sombra voltaron á oralidade
e algunhas acompañadas pola guitarra
e outras cantadas chido pola tua voz
o tempo e a comunidade e flores contracorrente
a barricada e o camarografo e os soños morenos
os puños e as bocas e a aldea bolon ajaw
o rio de auga azul e berce tzeltal

estes dias as veces ando a tararear
as tuas mestizas melodias
e as cantigas son chamadas rolas
nas terras do paliacate e da milpa

moitos poemas naceron con metrica e rima
co desexo de que algun dia foran cantados
ocolagual e unha aperta servando

manolo pipas

flores contracorrente e berce tzeltal
xa foron publicados neste espacio
faltou amelia a cantar con nos

e as morenas chamacas a xogar



13-4-2012

por terras zapatistas e zapotecas




vou pra terra da memoria

vou pra milpa da malinche               
cantos sorrisos que nacen               
cantas bocas sobreviven

tantas loitas van no dia
tantos soños trae a noite
alvoradas e solpores
breves son pero xa volven

non esperes a esperanza
non hai tope pra utopia
mans corazons e bo tequio
o traballo colectivo dia a dia...

pra recitar

a terra e comunidade
os cabelos e a trenza
a criança e o reboso
a caracola e a asamblea

o millo e os frijoles
a montaña e a selva
os paus e o lume
o tempo e a ceiba

o traballo colectivo
a memoria e a palabra
a camisola e o sombreiro
o paliacate e o pasamontañas....

pra cantar

por terras zapatistas e zapotecas
viaxes ao sur do outro mexico
versos e recitado de manolo pipas
musicas e canto de servando barreiro

textos de viaxe ao pais das nubes
e a milpa e o paliacate
para o circulo poetico aberto
sabado 14 as 11 da noite
no cafe uf negra sombra


29-6-2011

caderno do garcía


órale amigo garcía

e benvido o teu caderno
que agardabamos hai tempo
entre chiapas e galiza

un caderno de viaxe
camiña digno e con raiba
na cidade e nas montañas
facendo comunidade

cronicas e poesias
palabras e ligazons
travesías con paixón
entre musicas garcía

ai cronista serxio regos
vas regando milpas e hortas
no solpor e mais na aurora
ai vai chido o teu caderno

o outro cronista

imaxe no zapatista caracol
de oventik no mencer do 1-1-2009
http://www.cadernodogarcia.blogaliza.org
tamen entrou hai unhas semanas
nos espacios amigos das palabrasenvolventes


25-5-2011

solpor ayuuk




serra mixe ayuuk

nubes e solpor de oaxaca
entre o cerro da malinche
e o cerro das guacamayas

o meu camiño solitario
cara a aldea de cotzocón
a milpa o paliacate e a palabra
a palabra da terra co solpor


lembranza da viaxe




07-2-2011

contra a tauromaquia



na explanada do palacio de bellas artes
varios centos de activistas antitaurinos
chegados de diversos pontos da republica

unhas e uns con camisola de denuncia
e outros e outras en roupa interior
cunha banderilla pegada nas suas costas
coas cores verde branca e bermella
da bandeira mexicana

nas portas do palacio de bellas artes
a tauromaquia non é un arte
basta de corridas de touros
a tortura non é cultura
a violencia como expectaculo
o espectaculo como negocio
e estes centos de activistas deitados
no chan coas suas banderillas
e manchados de sangue
debuxan co seu corpo
unhas inmensas letras 
que din
                 BASTA




Distribuir contido