20-6-2018

ambulante e redondas formas

 


o vendedor ambulante
senegalés ofrecía aneis
pendentes e pulseiras
e as compas mercaron
algunhas destas últimas
pero eu non lle facía caso
ao amable vendedor

que chegóu da vella áfrica

pero cando xa se ía
pregunteille se non tiña
un gorro como o que el levaba
que imaxinaba do seu cálido país
e rápido sacóu un do carriño

marchei co gorro da cultura wolof
pensando no redondo solsticio
e que nós non somos ambulantes
pero tamén estamos de paso


nun redondo día

 

18-6-2018

austeras ervas do vento

 


mui austeras as ervas
do aire e do vento
as súas breves flores
agora musrchas tamén
merecen uns versos

en figueirido

 

17-6-2018

inmigrantes xornaleiras

 


inmigrantes xornaleiras recolectoras
de pequenos froitos bermellos 
en huelva explotadas polo machista

capital para o que todo vale
como o abuso sexual

hoxe recibiron a benvida
as vosas irmáns dos barcos do aquarius
mentres seguen chegando pateras
e cayucos que non son ben recibidos
como nos que viñestes moitas de vós
golpeadas inmigrantes xornaleiras

racistas e hipócritas gobernantes
espanyoles tirade os vosos aramios
abride as fronteiras de ceuta e melilla
e todos os dereitos para as inmigrantes

fresas con nata ou con viño
e fresas con chocolate
bermellas fresas co sangue
das mulleres inmigrantes

dereitos pras xornaleiras
fresas pementos tomates...
bermellos froitos co sangue
das mulleres inmigrantes


na concentración desta tarde 

do feminismo unitario

 

 

 

 

16-6-2018

avante falperrys

 


os falperrys xa zarparon
barco timón e destino
cada canción unha vela
abordado un novo disco
sete músicos salgados
tabernas e compromiso

e zarparon os falperrys
das rías ao bravo mar
cada canción é un porto
e non temen naufragar
como brúxula un cadro
na capa pepe ksal

avante compas falperrys
que teñedas moi vos ventos
cada canción unha causa
polkas valses demos ecos
a festa e a reflexións
falperrys pra nos alento


rimas logo da presentación
onte do disco nova abordagem

manolo pipas

15-6-2018

sementes e azares

 


as rebeldes
sementes e os azares
nunha fequena fenda
o canto

o arbusto
que chaman galán
ou dama de noite
medrando

 

 

13-6-2018

o aguacate e as aves

 


cunha longa cana tirei
un dos últimos froitos
do noso aguacatal

desde embaixo víase fermosa
a súa cara contraria á da foto
deste grandote aguacate

as posibles veciñas pegas
fixeron un bo traballo

en figueirido

12-6-2018

su queda a vivir aqui



su queda a vivir aquí
co seu verso cos seus trinos
nós quedamos encantados
e ímoslle dando mimos

quedo a vivir aquí conta
canta ela no seu disco
entre susurros e berros
co seu trovo tan mestizo
folklore miserias loitas
a cidade e os camiños...
quedo a vivir aquí canta
quedamos con su garrido

quedo a vivir aquí
verso de iolanda zúñiga

cantado no disco-caderno 
de su garrido pombo
serigrafía de alba pardo
portas árbores espirais...

 

11-6-2018

pola terra no obradoiro



pola defensa da terra outra vez

mui poucas veces unha manifestación
pode entrar na praza do obradoiro

a causa ten que ser mui mui grande
e hai que xuntar muitas miles de persoas
moitas organizacións teñen que moverse

unha vez máis pola defensa da terra
e por nós contra a mina de touro
e outros saqueos do capital
e para entrar no obradoiro
houbo que mover moitas
moitas miles de conciencias

sentin non poder ir asistir
escuso a miña ausencia


10-6-2018

de man do corazon

 


Decia Saramago
que amar é unha cuestión de pel
e nós non ousamos contradecir ao mestre

As mans non son quen de mentir
As mans recollen
As mans apertan
As mans golpean
As mans protexen
As mans crean
As mans seran as únicas que nos salven da caída

Este proxecto nace das mans
de Emma Ovín, fotógrafa
e Iria Collazo, escritora.
As mans premen o botón  do obturador
e constrúen o camiño da tinta
e nestas fotografías vai parte do seu corazón.
Abride ben os ollos . Eles tampouco menten

texto e foto da exposición
na tenda vaidhé na rúa
carral cidade de vigo
con doido corazón

 

 


co corazón nas mans

dous corazóns catro mans
os dedos que apretan o botón
os dedos que premen as teclas
as mans que captan sentimentos  
das mans e brazos que nos amosan


corazóns e corazonadas
e traballo en man común
desde as terras do morrazo
e a voz e as mans de su garrido
alomiñaron outros botóns e cordas
na presentación da exposición
de man do corazón

fotografias de emma ovín
textos de iria collazo
na tenda vaidhé

versos manolo pipas
fotos da presentacion

roi silencioso



 

09-6-2018

micro galo do vento



o micro aberto do galo do vento
paseniño xa cumpriu un ano
e foron onte máis de tres horas
de poemas retatos e músicas
co agasallo do intermedio
e convivio coa tarta
por este ano de descargas
e desde a parede coma sempre
a foto do mimo nacho otero
ollándonos e coidándonos
no plural e mestizo encontro...

respira respira decía bea
e logo eu respirei forte
co debuxo do pascu sensato
e agardo que con este encontro

vos respirarades un pouco mellor 

noraboa e graciñas maría
villar e armando alma galo

e un abraso a nuria e begonya


manolo pipas


 

Distribuir contido