09-2-2021

árbores e carretera


plantei hai unhas semanas
carballos amieiros e unha aveleira
nun terreo que está ameazado
por unha non necesaria carretera

que lles deixen vivir uns poucos anos

 




08-2-2021

da banda das virtuais


esa banda de deputadxs
de maneiras neo-fascistas
que ideo-loxía se cadra nen teñen
propoñen que as empresas chinas
non participen nunha cousa
da tecnoloxía virtual

pois se cadra non estaría mal
se o facemos tamén cas empresas
yankis israelitas sauditas rusas …

sen huawei feisbu-kkk amazon...
viviríamos algo menos mal

que nos deixen respirar

 

 

06-2-2021

vota-bota catalunya


seica vai votar catalunya
as deputadas do seu parlament
se os varios virus o permiten
e os xuices postfranquistas mandan
pero nun país con presos políticos
e con deputadas e consellers exiliados
por votar-botar nun ético referendum
non pode votar en liberdade

 

 

05-2-2021

seguen mandando eles

estes dias camiñando perto da casa
vin sair dun lokal moitas persoas
que non parecían ser convivintes
e non facían nada esencial...

polo corona virus
nas novas restriccións
proibidos os teatros
os cines proibidos
proibidos os concertos
e os recitais de poesía
e antes foran prohibidos
cafeterías e bares   
pero podedes ir a misa
que eses son os que mandan
que se cadra asi vos salvades
e non precisades nen vacina


 

 

 

 

03-2-2021

federico e miguel


entre as avenidas
da florida e castelao
a rúa federico garcía lorca
crúzase coa rúa miguel hernández
o poeta de granada en horizontal
cruza a vertical do poeta de orihuela
pero en ningunha das catro esquinas
do cruce coinciden as dúas placas
e quédome sen facer unha foto
xuntando aos dous poetas

 

31-1-2021

as árbores e as follas



moitas árbores levan
semanas totalmente espidas
outras aínda teñen
unhas poucas follas
que logo van perder
e outras especies de árbores  
teñen follas todo o ano

 

 




30-1-2021

bandeiras e farmacéuticas


o corona-virus covid
que uns chaman chino
e tamén andan a falar
da cepa inglesa do virus
da variante sudafricana
e da cepa brasileira ...

e chámanlle anglo-sueca
e unha empresa farmacéutica
a hipocresía é outro virus
o capital non ten bandeiras
e con escuros contratos
cos que mal nos representan
esas noxentas empresas están
a facer o negocio do século

29-1-2021

sen folgos pra escribir


varios días sen publicar
e tiña empezados varios
textos da serie do virus
pero non tiña enerxía
pra seguir traballando neles  

os centos de caraduras
que se colaron para vacinarse
as varias mascarillas e luvas
que cada día recollo na rúa
as trifulcas politicas
as empresas farmaceuticas
os medios de comunicación
e a chapuza das novas medidas
cos que pecharon e cos que non
e deixan traballar e contaxiar…
deixanme sen folgos para escribir

 

 

25-1-2021

hosteleria drama e traxedia


cada cafetería e bar é o lugar
dun drama ou traxedia
moitos pecharon e outros
penan nas rúas e prazas

nos lugares que poden abrir
en cafés e tabernas hai fitas
e barricadas de seguridade
para que non ocupes a barra
e non te sentes nunhas mesas
e hoxe na miña cidade
como en moitas so podemos
empregar parte das terrazas
e se cadra os lavabos
até as seis da tarde


en dous dias na galiza
haberá máis restriccións
e as terrazas pecharán tamén  
pero isto so servirá de algo
se pecha todo o non esencial
desde as fábricas de coches
até as tendas de roupa
e perfumerías

as nosas rúas e prazas
apestan a dramas e traxedias

 

 

25-1-2021

máis illa que salvador


o señor salvador illa
desde que chegóu o virus
que de antes non podo falar
sempre foi máis unha illa
illada do continente-realidade 
que un ilumidado salvador

demasiadas meteduras de pata
volantazos e deixadeces
del e do seu escudeiro simón
moitas delas difuminadas
pola peor xestión da pandemia
da sua veciña señora de ayuso

non dimitíu cando llo pedían  
e o filosofoportunista ministro
agora é un cobarde que foxe
dun dos peores momentos
desta pandemia sanitaria e social
e quere ser salvador de catalunya
pero non deixa de ser unha illa
que perde extensión pola subida
do mar polo cambio climático

 

Distribuir contido