na saida da miña cidade
cara o norte algo afastado da costa
na porta da casa
dun posible indiano pobre
atopei un fermoso pochote
árbore da altura de dous andares
que xa tiña visto varias veces
pero que antes non coñecia nen reparara nela
ai o pochote e as suas espiñas
a ergueita arbore sagrada
das culturas de oaxaca
ai esas sementes que trouxeron os indianos
esas arbores que medraron á par de fillos ou netos
na porta da sua casa ou finca
esas palmeiras araucarias aguacatais pochotes ...
por teis setembro 2010
tempo despois falei co señor da casa
e árbore viña da argentina e debe ser
un ceibo ou pochote do paraná pois