11-5-2010

a razon e a forza do 36

segundo poema da memoria da guerra

unha meniña curiosa cando ollaba pra unha igrexa
preguntabame quen eran os presentes nesas letras

rodeando unha gran cruz trinta nomes florecian
pero un deles destacaba pra manter a xerarquia

pra contestar a rapaza non sabia como entrar
pero ela non agardoue voltou a preguntar

son os cregos que pasaron por ese gran santuario
ou son os papas que houbo no lonxano vaticano?

non meniña esa xente pouco ten que ver con eles
outros dirán o contrario hai que lio cos presentes

eses nomes son os mortos do bando do vencedor
na guerra do trinteseis que sofriron meus avos

pero os nomes dos vencidos que silenciou o poder
seguirán vivos no pobo que non os vai esquecer

coa razon da sua forza de pistolas e cañons
unha xente revelouse contra as forzas da razon

meus avos que en paz vivían mais sofrindo ó seu patron
obrigados van loitar contra as forzas do terror

tamen tiña a resistencia algun que outro cañon
i esta guerra alongouse alongouse a destruccion

e nos libros foi chamada guerra civil española
mais de estados e nacions viñan xentes con pistolas

eran poucas e cativas as axudas da razon
pero as outras xa soltaban moitas bombas dos avions

case tres anos de guerra que non trouxeron a paz
i eses nomes ben gravados tristemente o van lembrar

e pra rematar che digo que todos moito perdimos
pero as xentes que venceron seguen hoxe dirixindo


manolo pipas
casco vello de vigo 2-98


do libro marzo abril
e outros naufraxios 09