18-5-2010

coplas do 17 de maio

somos unha somos dúas
somos mil e por cincoenta
viñemos a compostela
a cantarlles as coarenta

ai feijoo que fas aquí
ti queres ser de madrí

o galego que non fala
na lingua da súa terra
como xa dixo o poeta
non é merecente dela

a cantos consideramos
galiza a nosa nazón
gobernantes renegados
han partirios o corazón

viñemos desde o condado
a dicirlle a quen se esconde
presumimos de galegos
e queremos que se note
..............

túa nai e maila miña
sempre falaron galego
loitaremos pola lingua
para que chegue aos seus netos

galego aquí falámolo nós
galego aquí faládelo vós
e berramos nós e berrades vós
galiza que si e feijoo que non

non queremos so un dia
para adicarllo as letras
o galego a nosa lingua
na galiza será eterna

breixo xan e marixiña
falade sempre en galego
e, a quen non vos responda
mandadelo ao padornelo

estes fissnos do pp
na xunta desgobernando
que nos queren impoñer
o yes berigüey fandango

nai e siñora, galiza
en galego, onte e agora
o galego, a miña fala
na galiza a todas horas

tensia cantarela maio 2010

coplas repartidas onte
na manifestacion en compostela