19-10-2026

a razon e a forza no 36


unha meniña curiosa / cando ollaba pra unha igrexa
preguntábame quen eran / os presentes nesas letras

rodeando unha gran cruz / trinta nomes florecían
pero un deles destacaba / pra manter a xerarquía

pra contestar a rapaza / non sabía como entrar
pero ela non agardóu / e voltóu  a preguntar

son os cregos que pasaron / por ese gran santuario
ou son os papas que houbo / no lonxano vaticano

non meniña esa xente / pouco ten que ver con eles
outr@s  diran o contrario / hai que lío cos presentes

eses nomes son os mortos / do bando do vencedor
na guerra do trinteseis / que sofriron meus avós

pero os nomes dos vencidos / que silencióu o poder
seguiran vivos no pobo / que non os vai esquecer

coa razón da súa forza / de pistolas e cañóns
unha xente revelóuse / contra as forzas da razón

meus avós que en paz estaban / mais sofrindo

ó seu patrón
obrigados van loitar / contra as forzas do terror

tamen tiña a resistencia / algún que outro cañón
i esta guerra alongóuse / alongóuse a destrucción

e nos libros foi chamada / guerra civil española
mais de estados e nacións / viñan xentes con pistolas

eran poucas e cativas / as axudas da razón
pero as outras xa soltaban / moitas bombas dos avións

case tres anos de guerra / que non trouxeron a paz
i eses nomes ben gravados / tristemente o van lembrar

e pra rematar che digo / que todos moito perdimos
pero as xentes que venceron / seguen hoxe dirixindo

                         do libro marzo abril
                       e outros naufraxios  1999