verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
e lentamente foche marchando
co teu sombreiro de memorias
entre a sirena das fábricas
coa poética consigna
e a auga da fonte
unha chea de afectos
démonos entre todas
e sempre serán poucos
como poucas as palabras
que nos saen das tripas
e deille unha aperta a ameixeira
e ao tronco do grandote aguacate
que nos coidan con froitos e sombra
e aperta ao lagumeiro dos tranvías
e á misteriosa sobreira de coia
. . .
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)