Xullo 2026

30-7-2026

lumes e infernos na terra

 

era o máis parecido ao inferno
dixo unha muller dos últimos
e mui virulentos inmensos lumes

probocados pola desfeita climática

e polo abandono do rural


pero esa muller non estivo
no chamado inferno da igrexa
nós non sabemos de ninguén
que estivera nese ardente lugar
e mesmo dubidamos que exista
a pesares dos moitos libros
e outras obras que falan del

pero na terra sobran os infernos

ademais deses debastadores lumes
como o que queda logo dun gran tremor
e o xenocidio do ilegal estado de israel
e yanquilandia sobre gaza e cisxordania

un inferno pasan as escravas sexuais
e traballadorxs en minas en maquilas
en invernadeiros en barcos ...


un inferno é o que pasan xs migrantes

fuxidxs de explotacion sequías e guerras

entre o deserto e o mar do sahel a canarias

e do deserto e dos montes a ceuta

un inferno é o que viven moitas mulleres
entre o maltrato e o asasinato por un home
e o abuso sexual que viviron moitos
nenos por parte de moitos mestres
tamén curas desa igrexa

do inferno na terra

 

 

28-7-2026

palabras por gaza

 

 

palabras borrosas
case sen palabras ficamos
outro día máis por palestina
con moita inmensa raiba
coa mesma conciencia
pero coa xusta enerxía
por gaza

protesta nas portas do colexio
médico pola liberdade do torturado
doutor palestino abu safiya de gaza
surrealista situación un sen sentido
como tantos outros do xenocidio
que nos deixa sen palabras
por gaza


23-7-2026

guitarra e mar roxana

 


roxana guitarra e mar
os poemas e as cantigas
os traballos disco e libro
raices de mar    de mar azul

roxana mouriño
unha moura da guitarra
dun lugar pequeno
do xabriña de paraños
que buscóu terras salgadas

raices de mar
canta o corazón
o mar canta
corazón de raices
raíces do corazón

a guitarra de roxana
nota a nota
o mar aloumiña
onda a onda
estrofa a estrofa
cantiga a cantiga

vello mediterráneo
longas historias de sal
na illa de formentera
roxana reza e sementa
poemas de mar

voltóu a migrante
raíces e corazón
e deixa pegadas
nos nosos areais
benvida e graciñas
polos poemas e cancións

sonan primeiro
os chíos das gaivotas
logo guitarra acordeón e voz
a ría formentera buenos aires
algúns anacos do teu corazón


raices de mar
de roxana mouriño
presentado hoxe en librouro
onde ela sorríu falóu cantóu
i eu recitei letras súas

i estas cativas rimas


carátula  elena isla

versos manolo pipas


 

18-7-2026

emilio barrio e rotonda

 


vello emilio que elemento
este asturiano de coia
cristiano comunitario 
dunha rebelde parroquia

profesor mui vacilón
fumador e camiñante
gran pagador de cafés 
rotondiano dialogante

vello emilio compañeiro
aquel defensor da bouza
que meditaba o retiro
nun barco nunha rotonda
. . .
marzo 2015

 


fillo e neto de mineiros

co seu apretado gorro

asembleas rúas prazas

a súa voz os seus ollos

na vosa grandota casa
tres dias de despedida
moitos fomos en silencio
e hoxe ergueron cantigas
mais os darriba sobraban 
e so faltóu a sidrina

fillo e neto de mineiros
roca dura dixo a mar
fica a parro e o barrio

sen o seu maior irmán


           foto mora 2015

             rimas pipas


13-7-2026

flor da tomateira

 

 

cativa flor da tomateira

 

poucas se van fixar en ti

 

e quen che tiróu fotos

 

quen che escribiu versos

 

chiquita fermosa e efímera

 

flor que desexas ser tomate





 

05-7-2026

unha chea de afectos

 

                                         a ángel


e lentamente foche marchando
co teu sombreiro de memorias

entre a sirena das fábricas

coa poética consigna

e a auga da fonte 

unha chea de afectos

démonos entre todas
e sempre serán poucos
como poucas as palabras
que nos saen das tripas


e deille unha aperta a ameixeira
e ao tronco do grandote aguacate
que nos coidan con froitos e sombra
e aperta ao lagumeiro dos tranvías
e á misteriosa sobreira de coia

. . .