28-4-2026

o canteiro de ferro


o canteiro e carreteiro de ferro

        a ventura e pepe alonso abalde
          maría josé marcos e roberto

polo barrio de ribás
solitario nun outeiro
día e noite pica pedra
un coñecido canteiro
silencioso co seu pico
el tamén foi carreteiro

enriba do seu granito
unha escultura de ferro
a que deu forma o ventura
coma se fora un ferreiro
retratado está o alonso
o compañeiro valerio

canto tempo alá no alto
baixa ás veces do outeiro
cando non o ve ninguén
vai subir ao maruxento
a botar partida e contos
cos seus amigos monteiros

“triste matamá sen bois
pero os meus fillos e netos
buscan bois pra sementeira
e hai novos muiñeiros
a regueira vai contenta
cos vimbieros e cos freixos“

barrio a ruibás ou ribas
ten un canteiro de ferro
o trancas valerio alonso
labrego e trompeteiro
e dou fe que tamén foi
un mui bo augardenteiro

   verán 2025