nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
cumprense hoxe oito anos
do dia en que o maldito barco
empezou a golpear as nosas vidas
e case nada cambiou como que ningun
dos culpables pagou polos seus crimes
ésta é a polo de agora a ultima entrega
dos poemas do chapapote
unha aperta
-
a pedra da ferida
un ano despois
do principio da desfeita
ergueron na vila de muxia
no outeiro ollando ao mar
a gran pedra da ferida
que non é a desta foto
como homenaxe din eles
pero sobre todo nesta vila
eles manteñen a ferida aberta
no mar e na terra
e nas nosas vidas
12-04
.
a casa das despedidas
unha casa que desborda / un xardin con tres iglus
de donde dis que ves tu / de que monte de que costa
no pais do chapapote / duas noites e dous dias
seis que chegan catro idas / a casa de bote en bote
ti que quedas i eu xa marcho / eu que fico e ti te vas
o pais do nunca mais / levará moito traballo
nesta hora de marchar
ben sentidas as apertas
cando dis que ti regresas
eu xa sei que voltarás
outro ate logo mais / non precisamos palabras
pero a nordica rapaza / xa se solta en castelán
unha nova despedida / entre bagoas que non solto
ai que mundo tan revolto / non te vaias ai bambina
unha lonxana postal / chapapoteiros correos
pero a nos cecais o tempo / non nos volva cruzar
marcho so no castromil
co meu feixe de lembranzas
seguirei facendo quadras
por tres picos que non din
karnota-vigo 7-05
.
o nunca mais e a bandeira
o noso nunca mais
xa fora berrado e escrito nas pancartas
nas protestas polo barco mar egeo
e a bandeira do nunca mais
pintada por unhas anonimas mans
nunha das primeiras protestas polo prestige
e logo miles de veces reproducida
e a lonxanos lugares foi levada
que ate a atopei por oaxaca nunha radio na serra
anos despois tamen atopei unhas poucas bandeiras
enrolladas e tiradas nun contenedor de lixo
que nestes anos me permitiron ter reposto
cando a miña bandeira da porta da casa
se esfarela co paso do tempo
o sol e o vento
vigo maio 2010
.
o rumor
en lariño hai un rumor
un rumor hai en lariño
unha voz do mais salgado
utopias de golfiños
en karnota hai un rumor
un rumor hai en karnota
o tempo do chapapote
a batalla e a derrota
en muxia hai un rumor
un rumor hai en muxia
o mar a terra e nós
e a morte contra a vida
galiza 2009
.
voluntarixs
esther veu de castelló e antonio de canarias
marisa deixou ourense e sven é de alemania
itziar ven de vigo e o carlos deixou parla
de marrocos veu abdul e de barcelona clara
de vallekas mikele e as elisas de parma
alicia ven de zamora e de suecia johanna
adolf ven de elch e de placenza a lara
de canadá ven brian e gemma veu de cangas
de sevilla veu manu e de sabadell laura
de esmoriz ven paulo e mameda de barna
bill chegou de escocia e pichi de moaña
irene ven do barqueiro e mina ven de malaga
marcelo é de mallou
e tere de gran canaria
debora de philadelfia
e de suecia veu ania
que viva pois
o internacionalismo
chapapoteiro
lariño-lira 03- 06
.
o chapapote e os incendios
e no dous mil seis moitas terras da galiza
e especialmente os montes de karnota
foron novamente estragados polos incendios
e ate se falou da marea negra do lume
e cecais os que os prendian eran amigos
dos que botaron o barco a pique
e seguiron facendo outras desfeitas
e na abandonada conserveira de ardeleiro
que nuns meses foi empregada polos voluntarios
pouco despois dos incendios
foi o obradoiro para retocar as esculturas naturais
dos piñeiros queimados nos montes de karnota
lira-vigo xuño 2010
.
karnota onte
a penultima vez que estiven en karnota
foi en setembro do 2009
a marea alta e o sol xa baixando
e unhas nubes querian cobrir o pindo
e a dereita do faro de lariño
por debaixo do campo de futbol
que estaba cheo de fantasmas
so tiven que levantar unha mediana pedra
e manchei uns dedos de chapapote
posdata
de mallou leveime unhas uvas
unhas castañas e unha aperta
9-09
.
ultimo regreso
volvin en maio deste ano
pero so estiven unhas horas
e saudei aos nosos fantasmas
entre lira e lariño
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)