01-4-2010

detras da poesía

Detras da poesía‭
a sombra‭
que sustenta o día‭

Entre a luz e o corpo
dista o aroma‭
dunha sombra pura‭
que é o silencio

Detras do sol sonoro
nun eco escuro
confunde-se a lembranza‭
co esquecimento‭
soando en mil murmurios
esfumeados‭
entre o po e o vento

Detras da poesía
a ausencia‭
que sustenta a vida‭

luisa villalta‭

escritora e violinista‭
autora de musica reservada e ruido‭
en teatro concerto para un home só