22-7-2011

as illas estan lonxe




as nove da mañan

a praia está deserta
digo baleira de persoas
esta praia toda aberta

un pouco de vento e o debil sol
unha hora outro corpo que chega
os meus pasos que se cruzan
con outras pegadas na area

acompañanme poemas nun libro
pero pouco me concentro a ler
a mar a marea está moi baixa
baixan os meus versos no papel

esta praia toda aberta
un pouco vento e o debil sol
as illas que están lonxe
e as ondas son pura paixon

na ria esta mañan