nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
galegas e galegos e inmigrantes
e veciñas desta decrépita europa
as e os que non sodes de áfrica
nen tedes relación con ese continente
ollade para el dunha vez por favor
e oide os seus berros de norte a sur
e de este a oeste e pensade pensade
deixade de darlle voltas a ese hantavirus
das clases medias e altas dese cruceiro
e pensade no virus do ébola
que pasóu da república do congo a uganda
e que nos últimos días matóu a máis de 100
persoas e máis de 12.000 nos últimos 2 anos
nese continente de áfrica arrasado
e explotado por europa desde os barcos
da escravitude nos úlimos séculos e por europa
e por outros estados do hemisferio norte
nas últimas infames décadas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)