nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nais contra a impunidade
noite do xoves en compostela
no soto do ateneo trinta a musica
e na tarde foi presentado o colectivo
o garcía canta para elas e nós
e convídame a recitar un poema
saen algunhas palabras e versos
que quedaron alí e que me arderon
por momentos no día de onte
as nais son as que dan a vida
nós so podemos acompañala...
sairon as palabras e recito un poema
deixo o micro e volvo ao colectivo
e unha nai dame unha apertaaa
unha colectiva aperta por ela
pola outra nai polos seus fillos...
segue a cancion do bitxo bola
coas nais pola memoria e a xustiza
para os seus fillos mortos
custodiados polos carceleiros
nais contra a impunidade
polos seus fillos
manolo pipas
para pastora e carmen
na memoria de xosé
tarrío e diego viña
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)