verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
paremos o odio e o racismo
humanidade dereitos dignidade
pon a faixa da concentración
pero a maioría das persoas
darredor abaixo e en fronte
non van sair na foto
nos chanzos das escaleiras
da esquerda tamén se poden
escribir as palabras
educación empatía cultura
comunalidade afectos ...
nos chanzos da dereita
os palabros mentiras violencia
individualidade explotación
capitalismo fascismo...
paremos o odio e o racismo
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)