05-2-2013

do río eifonso




por estas furancheiras terras
pasa o río eifonso pasa
coas suas augas espertas

o rego baixa

e nós subimos
entre muiños
que agora calan

o da pedrosa
e o do buraco
os dous calados
ningún xa rosma

vai pro lagares
o río eifonso
por entre o bosco
vai pra cidade

e rosma o rego
por entre as casas
moita da raiba
do noso tempo

lariño