19-4-2010

o xogo e a risa


 chiquitos e chamacas
lonxe de pumariños
en terras de oaxaca

o neno e o xogo
a nena e a risa
dous pequenos fogos

xa caen xa levantan
o xogo e a risa
a fame que espantan

meniña e chiquito
entre os seus tapetes
espantan o frio

a rua en olores
que como que bebo
entre as suas dores

e medra esta lua
que ollan de lonxe
lonxe a sua fortuna

que choras meniño
que tonta pregunta
en verso chiquito

que choras meniña
que cruel pregunta
roubei a tua risa

noite do 1-1-2010


polo paseo de oaxaca

e unha lembranza para o poeta
e mestre miguel henandez
e as suas nanas de la cebolla