26-6-2010

cantiga dos caramuxos

este modesto lokal grande
defensor dos bichos
a uns colegas caramuxos
ofreceu o seu palquiño

son seis musicos mariños
teñen dous pares de cornos
e moi arrastrada vida coa
casa sempre ao lombo

cando hai algun problema
meten pra dentro a cachola
corren rapido a cortina
e agardan que pase a cousa

din que son tamen babosos
e chupar chupan bastante
nuns paus con moitos buracos
pra sacar notas brillantes

instrumentos atopados
no naufraxio dunha orquestra
que o mar botou pras rochas
porque eran de madeira

os aplicados rapaces
neses paus moito fozaron
e nun curso de internete
foron quen de dominalos

sos chamados clarinetes
os mariños instrumentos
esta cova hoxe presenta
a caramuxo en concerto

os caramuxos ficharon
no acordeon un polvo
e un choco na percusion
pero éste xa é outro conto

cova dos ratos 1-2001

da actuacion dos amigos
e deste vello poema lembreime na cova
unha noite falando con outro musico
e penso que vai ben logo
da cantiga do outro animaliño

o cuarteto de seis ou sete
segue sacando a sua cabeza nos palcos
e caramuxo tamen sacou salgado disco