11-4-2015

falar de poesia

 

 

na galiza en galego mami

escrito nunha parede da vila de bueu

camiño do instituto johan carballeira

onde ía tentar falar de poesía

co poeta ramón blanco para alunnas

e alunnos deste centro público

 

no monárquico salón de actos

vai entrando a rapazada

algunhas das mans que fixeron

o poema visual da imaxe

e conversamos da deusa palabra

compartimos unhas imaxes

e recitamos uns salgados

e republicanos poemas

 

co ramón sacóu e alfonso láuzara

as poéticas conversas seguiron logo

máis de vagar coa mesma sal

especias varias e algo de picante

 

e un café solo longo un cortado

e un oaxaqueño con canela pois

 

manolo pipas