nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
tempo de espesas nubes
carta para rosalía de castro
cróbeme unha espesa nube, / tal preñada de tormentas,
tal de soidás preñada, / que a miña vida envenena
ai muller de espesa nube / que escuras estas semanas
que non para de chover / nesta tan espesa matria
xa cento cincoenta anos / que che conto rosalía
das tormentas dos velenos / desta tribo algo perdida
estas nubes que dan vida / tamén poden traer morte
os ríos que se desbordan / reducidos polos homes
a soidade como paz / a soidade unha tormenta
cantos corazóns hai sós / eu agora co teu poema
ai muller da espesa sombra / que tempo tan estragado
queren mandar nas preñadas / uns homes envelenados
cantos dereitos perdidos / gobernos e bankos rouban
botan familias á rúa / vaise moita xente nova
tormentas e temporais / o mar que tanto roubamos
ven reclamando o que é seu / e que non funda outro barco
cantas voltas deu a lingua / cantos golpes rosalía
longo o camiño da fala / das letras e das cantigas
sinto o tono destes versos / das cousas boas da terra
xa che conto noutra carta / cando calmen as mareas
por hoxe penso que abonda
contoche máis outro día
e graciñas pola copla
por toda a túa poesía
baixo nubes ben espesas
non paramos rosalía
unha aperta compañeira
e un bico desde a ría
manolo pipas
escrito hai un ano para o libro dixital
150 cantares para rosalía de castro
traballo coordinado por suso díaz
que xa podedes descargar en
a primeira copla é dos cantares
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)