nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
Construir un barco
É tallar na árbore a historia dun pobo
Serrar a cortiza en ángulos rectos
e co cepillo escribir
a concavidade da fasquía
Transformar as columnas
en hipérboles
nunha simetría secuencial
Dende a quilla á roda
un alefrís espalla
os aneis de crecemento
O berbequí penetra na madeira
e escava o asentamento da cavilla
E a liña do infinito
volta de regreso á orixe
Xosé Iglesias Lamela
poema do seu libro
a relixión do mar
e o barquiño feito por el mesmo
que o acompaña das presentacións
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)